miniatura|dereita|Joseph Banks.
Joseph Banks, nado en Londres o 13 de febreiro de 1743 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1820, foi un naturista e botánico inglés que participou na primeira viaxe de James Cook.
Nos seus anos de estudante en Oxford adquiriu paixón pola botánica. Publica as súas primeiras descrición, de especies de Terra Nova e Labrador, utilizando o sistema de Carl von Linné.
En 1768 embarcou a bordo do HMB Endeavour, acompañando a Cook na súa primeira expedición cara ao sur do océano Pacífico. No Brasil fixo a primeira descrición científica coñecida (buganvílea), e con Daniel Solander fixo a maior colección de flora australiana, describindo especies novas para a ciencia.
Arredor de 75 especies levan o nome de Banks e está considerado o introdutor en occidente do eucalipto, a acacia, a mimosa e o xénero coñecido como Banksia.
Véxase tamén
Outros artigos
Sarah Sophia Banks
Categoría:Biólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1743 Categoría:Finados en 1820 Categoría:Nados en Londres Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres