Scribonius Largus, foi un médico do século I que serviu na corte do emperador romano Claudio (anos 41-54), e que o acompañou na conquista de Britania.
Historia e características No ano 47, por requirimento de Caius Julius Callistus, o liberto do emperador, compilou unha das primeiras farmacopeias: unha lista de 271 prescricións (De Compositione Medicamentorum), a maior parte debidas a el mesmo, aínda que recoñece a súa débeda cos seus titores, amigos e outros escritos de médicos eminentes. Tamén incluíu remedios tradicionais. Dise que as obtiña sen reparar nos medios, incluído o suborno. A obra non ten pretensións de estilo e contén moitos coloquialismos. A súa maior parte foi trasnscrita sen citar a procedencia por Marcellus Empiricus) en De Medicamentis Empiricis, Physicis, et Rationabilibus (c. 410), obra de gran valor para a corrección do texto de Largus.
A relación dos médicos coa esposa do emperador, Mesalina, era bastante problemática. Un dos seus colegas, Vecio Valente, foi acusado de adulterio con ela.Robinson V. La medicina en la historia. 1947. Ediciones del Tridente Bs. As. P. 96, citado en fmv-uba.org.ar
Algunhas pasaxes da súa obra fanlle ser considerado un dos precursores do humanismo médico e moi citado en cuestións de ética médica, pois entendía a súa actividade como unha profesión (professio, no sentido sacerdotal de "vocación" e no sentido de obrigación moral que esixe un comportamento virtuoso) e establecía como requisito do médico ser "un bo home, experto na arte e a ciencia do medicamento e cheo de misericordia e humanidade
A edición moderna das Compositiones por S. Sconocchia (Teubner 1983), substitúe a antiga edición de G. Helmreich (Teubner 1887).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
James Grout: Scribonius Largus, parte da Encyclopædia Romana
Categoría:Médicos Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século I Categoría:Personalidades sen imaxes