Eurasia () é a maior masa continental do planeta Terra que forma en conxunto a Europa e maila Asia. Pode ser considerada como un continente, ou mesmo un supercontinente composto polos continentes europeo e asiático, separados pola cordilleira dos Montes Urais. É común e correcto que se considere a Eurasia como un continente real dende o punto de vista fisioxeográfico e xeolóxico.

Eurasia localízase primordialmente no hemisferio norte e hemisferio oriental, e ten unha área aproximada de 52 990 000 km², que é o de 10,6% da superficie da Terra e o 36,2 da área terrestre. Ten máis de 5.000 millóns de persoas, o que equivale ó 72,5% da poboación mundial.

A subdivisión tradicional entre Asia e Europa presenta límites non moi precisos; comunmente defínese unha liña divisoria ó longo dos montes Urais, o río Ural, o mar Caspio, os montes do Cáucaso, o mar Negro, os estreitos do Bósforo e o Dardanelos, e o mar Exeo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Palaeoártico Laurasia, supercontinente teórico da Eurasia e América do Norte.

Categoría:Eurasia Categoría:Supercontinentes Categoría:Xeografía Categoría:Acrónimos