The King of Limbs é o oitavo álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. Foi auto-editado polo grupo o 18 de febreiro do 2011 como descarga en formatos MP3 e WAV. Estará dispoñible en formato CD e vinilo de 12" o 28 de marzo, e nunha edición especial de dous vinilos de 10" e un CD o 9 de maio. O nome do álbum refírese a un carballo do bosque Savernake situado en Wiltshire, que se cre ten uns 1.000 anos de idade.http://www.nme.com/news/radiohead/54951
Listaxe de cancións "Bloom" – 5:15 "Morning Mr Magpie" – 4:41 "Little by Little" – 4:27 "Feral" – 3:13 "Lotus Flower" – 5:01 "Codex" – 4:47 "Give Up the Ghost" – 4:50 "Separator" – 5:20
Notas
Categoría:Álbums de Radiohead Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums producidos por Nigel Godrich