Xosé Manuel Domínguez Prieto, nado en Madrid en 1962, é un escritor galego de ensaio e doutor en filosofía.
Traxectoria Licenciado e Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid, foi profesor de ensino medio no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, profesor-titor de Psicoloxía, de Antropoloxía filosófica e de Historia da Filosofía Antiga, Medieval, Moderna e Contemporánea na UNED e mais na Universidade Pontificia de Salamanca. Tamén foi profesor invitado da Universidade Católica Nuestra Señora de la Asunción (Asunción, Paraguai) e profesor de Filosofía no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Foi investigador do "Instituto de Investigaciones económicas y sociales" da Universidade Francisco de Vitoria de Madrid.
Colaborou con artigos de contido filosófico en La Región, Galicia Hoxe, Encrucillada ou La Voz de Galicia. É membro do Instituto Emmanuel Mounier e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Actualmente dirixe o Instituto da Familia en Ourense, fundación benéfico-social de ámbito galego vencellada ao bispado de Ourense e centrada, entre outros, na formación e acompañamento relacionado co que se coñece como «coaching familiar». Nesta institución, dirixe o Máster en Acompañamento e coaching familiar e matrimonial, avalado pola Universidade Francisco de Vitoria e pola Universidade Católica de Ávila.
Ademais, dirixe o Centro de Acompañamento Familiar Edith Stein, tamén na cidade de Ourense, e o Instituto Internacional de Acompañamento.
Obras en galego Ensaio Sobre a alegría (Ensaio de antropoloxía metafísica), 1995, Espiral Maior. Alén da libido. Do sexo á sexualidade, 1998, gañador do Premio Espiral Maior de Ensaio. Unha ética da economía. Da ética neoliberal á ética personalista, 1999, Ediciós do Castro. Fons societatis, 2000, gañador do I Premio Liceo de Ourense de Ensaio. Emmanuel Mounier, 2002, Baía Edicións. Xavier Zubiri, 2003, Baía Edicións.
Obras colectivas Dicionario galego de filosofía, 2005, TresCTres. Con Manuel Rivas García e Moisés Lozano Paz.
Obras en castelán Ensaio Joaquina de Vedruna, 1999, Editorial Monte Carmelo. Viktor Frankl, 2000, IEM, Indosoc. La familia y sus retos, 2002, Editorial Mounier. La revolución personalista y comunitaria en Mounier, 2002, Editorial Mounier. Para ser persona, 2002, Editorial Mounier. Ética del docente, 2003, Editorial Mounier. Historia de la Filosofía, 2003, Editorial Mc Graw Hill. Llamada y proyecto de vida 2005, PPC Editorial. El profesor cristiano: identidad y misión, 2012, PPC Editorial. Despierta y alégrate 2016, PPC Editorial. El arte de acompañar 2017, PPC Editorial. Veinticinco lecciones para ser infeliz 2018, PPC Editorial.
Obras colectivas Diccionario de Pensamiento Contemporáneo, 1995, Ediciones San Pablo. Historia de la Filosofía, 2001, Editorial Mc Graw Hill. Blonde, Nédoncelle, Zubiri'', 2002, Editorial Mounier.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Baía Edicións
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes