A Lama é unha aldea da parroquia de Ansemil, no concello ourensán de Celanova, na comarca da Terra de Celanova. Na organización interna da parroquia que fan os seus veciños, a aldea divídese en dúas zonas: Lama de Abaixo e Lama de Riba. Así o conxunto destas dúas zonas tiña 29 habitantes no ano 2022 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 13 eran homes e 16 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano 2021.
Esta aldea ten minorizado a perda de habitantes debido a súa proximidade ó concello de Celanova e ó polígono industrial de Celanova construído nas inmediacións da aldea.
Toponimia O orónimo provén do latín , e indica un lugar con lama ou lodo.
Lugares e parroquias Lugares de Ansemil
Parroquias de Celanova
Notas
Categoría:Lugares de Celanova Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía