José Tarrío García, finado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1894Necrolóxica en El Eco de Galicia, 28-3-1894, p. 2., foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Procedente do tradicionalismo, en novembro de 1890 integrouse no Comité Central Regionalista presidido por Manuel Murguía e ao ano seguinte formou parte da Asociación Regionalista Gallega. Foi elixido concelleiro en Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1891. Fundou e dirixiu a revista La Pequeña Patria con Enrique Labarta Pose e colaborou en La Patria Gallega.
Casou con Dolores Martínez Martínez.
Notas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1894 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido