Beatriz Dacosta Molanes, nada en Cangas de Morrazo en 1967, é unha escritora galega.

Traxectoria En 1999 obtivo accésit no VII Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey polo relato O cabalo das sete cores. En 2004 gañou o Premio Terra de Melide con Contrato temporal e o I Premio de Contos do Liceo de Noia co relato Goodbye my friend.

Obras Narrativa Cascas de noz, 2000, Galaxia. Precipicios, 2002, Francka Editora. Contrato temporal, 2004, Francka Editora.

Obras colectivas Narradoras, 2000, Xerais.

Premios Accésit no VII Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1999, por O cabalo das sete cores. Premio Modesto R. Figueiredo no 2000, por Na sombra da lúa. Premio Terra de Melide no 2004, por Contrato temporal. I Premio de Contos do Liceo de Noia no 2004, por Goodbye my friend.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora na AELG

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes