Franck Biancheri, nado en Niza en 1961, é un político e politicólogo francés. Promotor da corrente politolóxica da anticipación, e de convicións europeístas, foi un dos fundadores e o actual presidente de Newropeans, un partido político transeuropeo.
Traxectoria Como estudante, foi un dos impulsores da rede europea AEGEE, que chegou a reunir máis de 12.000 membros en toda Europa. Posteriormente, tamén se contou entre os promotores do programa Erasmus, que lle deu continuidade«L’émergence des Eurocitoyens», Prometheus, 1996.
Como político, en 1989 lanzou a Initiative pour une Démocratie Européenne, un movemento que procuraba a creación dun partido político europeísta. Esta formación non conseguiu creala ata dezaseis anos despois, cando en 2005 presenta publicamente o partido Newropeans. Esta formación presentouse ás eleccións europeas de 2009 en Alemaña, Francia e os Países Baixos, onde acadou moi poucos votos e ningún eurodeputado.
Dende 2006 é o coordinador científico de Leap/Europe2020, un think-tank que traballa na anticipación de eventos políticos de relevancia internacionalhttp://hebdo.nouvelobs.com/sommaire/les-uns-les-autres/084554/franck-biancheri-monsieur-apocalypse/reactions/.
Obra Crise mondiale. En route pour le monde d’après (2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal oficial
Notas
Categoría:Políticos de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en Niza Categoría:Nados en 1961