miniatura|Mapa do estreito de Ormuz. O estreito de Ormuz (en persa: تنگه هرمز, Tange-ye Hormoz) é un estreito marítimo que Está situado entre a costa meridional do Irán, ao norte, e a península de Musandam, territorio de Omán, e os Emiratos Árabes Unidos ao sur / sueste. Ese anaco de océano comunica o Golfo Pérsico cos Golfo de Omán; a través deste, comunica tamén co mar Arábigo e o océano Índico.
Pola súa posición na única saída marítima do Golfo Pérsico, é un dos pasos marítimos de maior importancia estratéxica e económica do mundo e unha vía fundamental para as exportacións de petróleo e gas natural licuado dos países do golfo.U.S. Energy Information Administration, «World Oil Transit Chokepoints». Consultado o 23 de agosto de 2026.
Xeografía e navegación No seu punto máis estreito ten arredor de 34 km de largura. Porén, ten profundidade para a navegación dos maiores petroleiros do mundo.U.S. Energy Information Administration, «Three important oil trade chokepoints are located around the Arabian Peninsula», 4 de agosto de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2026.
Entre as principais illas iranianas situadas no estreito ou nas súas proximidades están a homónima illa de Ormuz Qeshm e Larak. Máis ao oeste atópanse Abu Musa e as Tunbs Maior e Menor, situadas nas rutas de aproximación ao estreito.
En condicións normais, a navegación comercial organízase mediante un esquema de separación do tráfico adoptado pola Organización Marítima Internacional (OMI) en 1968 por proposta do Irán e Omán.
Nunha conferencia de prensa o 18 de decembro de 1997, o ministro do Exterior e Deputado iraniano Abbas Maleki dixo que o Irán apoiaba o libre transporte de petróleo a través do estreito de Ormuz, mais reservaba para si a opción de pechar o estreito ao tráfico marítimo se o Irán estivese ameazado.
As rutas separan o tráfico que entra no Golfo Pérsico do que sae del para reducir o risco de colisións.Organización Marítima Internacional, «Oriente Medio: Estrecho de Ormuz - ruta marítima». Consultado o 23 de agosto de 2026. Durante a crise de 2026, porén, a OMI desaconsellou temporalmente o uso do esquema habitual debido á presenza de minas da que se informara e establecéronse corredores coordinados polos dous Estados costeiros.Organización Marítima Internacional, «Preguntas frecuentes sobre operaciones: Plan de evacuación de la OMI para el estrecho de Ormuz». Consultado o 23 de agosto de 2026.
Etimoloxía O estreito recibe o seu nome de Ormuz, denominación histórica aplicada tanto a unha cidade continental como, posteriormente, á illa e á cidade que se desenvolveron no propio estreito. As formas Harmozia, Armuzia e Harmozon aparecen xa en fontes grecorromanas que recollen información da expedición de Nearco no século IV a.C. A abertura do Golfo Pérsico foi descrita, mais non denominada, no Periplo do Mar da Eritrea, un guía marítimo do século I: miniatura|Estreito de Ormuz visto do espazo. NASA Cap.35. Na fin desas illas Calaei existe unha cadea de montañas chamada Calon, e segue aló, non moito alén, a boca do Golfo Pérsico, onde hai moito mergullo para os pescadores de perlas e mariscos. A esquerda dos estreitos hai grandes montañas chamadas Asabon, e á dereita medran, ben á vista, outras montañas arredondadas e altas, chamadas Semiramís; entre elas, a pasaxe a través do estreito ten aproximadamente 600 estadios; alén dos cales aquel grande e longo mar, o Golfo Pérsico, avanza lonxe no interior (das terras). Na parte superior e final deste golfo hai unha cidade mercantil, designada pola lei, chamada Apologus, situada preto de Charax Spasini e do Río Éufrates.
Existen dúas opinións sobre a etimoloxía deste nome. Segundo a crenza popular, deriva do nome do Deus Persa هرمز Ormuz (unha variación de Ahura Mazda). Outros historiadores e lingüistas derivan o nome Ormuz da palabra persa local هورمغ Hur-mogh significando Tamareira. Nos dialectos locais de Hurmoz e Minab este estreito aínda é chamado Hurmogh e ten o significado mencionado.
Importancia económica e enerxética O estreito constitúe un dos principais puntos de estrangulamento do comercio mundial de enerxía. No primeiro semestre de 2025 transitaban por el unha media de 20,9 millóns de barrís diarios de petróleo e outros líquidos, aproximadamente o 20 % do consumo mundial destes produtos e arredor dunha cuarta parte do petróleo transportado por vía marítima.U.S. Energy Information Administration, «World Oil Transit Chokepoints». Consultado o 23 de agosto de 2026.
No mesmo período pasaban polo estreito uns 11,4 mil millóns de pés cúbicos diarios de gas natural licuado (GNL), máis do 20 % do comercio mundial de GNL, procedente principalmente de Qatar.
As alternativas terrestres son limitadas. Os oleodutos de Arabia Saudita e dos Emiratos Árabes Unidos poden transportar unha parte das exportacións até portos situados fóra do Golfo Pérsico, pero a súa capacidade conxunta non permite substituír o volume que normalmente atravesa Ormuz.
Historia
Antigüidade e Idade Media O nome de Ormuz ten unha longa historia na rexión. O relato da viaxe do almirante macedonio Nearco, realizada arredor do 325 a .C. durante as campañas de Alexandre o Grande, menciona na costa persa un lugar denominado Harmozia. Outras fontes grecorromanas empregaron formas como Armuzia e Harmozon.Daniel T. Potts, «Hormuz i. Pre-Islamic Period», Encyclopaedia Iranica, 2004. Consultado o 23 de agosto de 2026.
Na Idade Media, Ormuz converteuse nun importante centro comercial situado inicialmente no continente. Arredor do século XIV o centro político e mercantil trasladouse á illa de Jarun, que pasou a ser coñecida como Nova Ormuz e finalmente simplemente como Ormuz. A súa posición permitíalle controlar as rutas entre Persia, Arabia, a India e outras rexións do océano Índico.Willem M. Floor, «Hormuz ii. Islamic Period», Encyclopaedia Iranica, 15 de decembro de 2004, última actualización o 28 de xuño de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2026. miniatura|Mapa portugués do século XVII do estreito e da illa de Ormuz.
Presenza portuguesa miniatura|Ruínas da fortaleza portuguesa na illa de Ormuz. A comezos do século XVI, o estreito adquiriu unha grande importancia na expansión portuguesa polo océano Índico. Afonso de Albuquerque, encargado dunha armada destinada aos mares de Arabia e Persia, consideraba que o dominio de Ormuz permitiría controlar unha das principais rutas comerciais entre o Golfo Pérsico e o océano Índico, así como obter recursos para manter a presenza militar portuguesa en Asia.Jean Aubin, «Albuquerque, Alfonso de», Encyclopaedia Iranica, 15 de decembro de 1985, última actualización o 3 de xullo de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2026.
En setembro de 1507 Albuquerque chegou a Ormuz e, após derrotar as forzas que a defendían, obrigou o seu gobernante a recoñecer a soberanía do rei D. Manuel I e a pagar un tributo anual. Comezou tamén a construción dunha fortaleza portuguesa. As desavinzas e desercións de varios dos seus capitáns obrigárono, porén, a abandonar Ormuz a comezos de 1508.
Xa como gobernador do Estado da India, Albuquerque regresou en 1515 e estableceu definitivamente o dominio portugués sobre a illa. A fortaleza iniciada naquela época, posteriormente ampliada, converteuse nun dos principais elementos da presenza militar portuguesa no Golfo Pérsico.
Ormuz integrouse así na rede marítima do Estado da India. Ademais do control do tráfico entre o Golfo Pérsico e o océano Índico, tiña especial importancia o comercio de cabalos procedentes de Persia e Arabia con destino á India, así como os ingresos alfandegarios da cidade.João Teles e Cunha, «Portugal i. Relations with Persia in the Early Modern Age (1500-1750)», Encyclopaedia Iranica. Consultado o 23 de agosto de 2026.
O dominio portugués foi contestado polo Imperio safávida. En 1622, tropas persas mandadas por Emam Qoli Khan, coa colaboración naval da Compañía Británica das Indias Orientais, conquistaron primeiro Qeshm e posteriormente Ormuz. A gornición portuguesa rendeuse o 1 de maio de 1622, poñendo fin ao dominio portugués da illa.José Cutillas Ferrer, «Spain: Relations with Persia in the 16th and 17th Centuries», Encyclopaedia Iranica. Consultado o 23 de agosto de 2026.
A perda de Ormuz non supuxo a desaparición inmediata dos portugueses da rexión. O seu principal centro de operacións trasladouse a Mascate, e as forzas do Estado da India continuaron actuando no estreito e na costa de Omán durante varias décadas. A presenza militar portuguesa permanente na costa omaní terminou coa perda de Mascate en 1650.João Luís Fernandes Ferreira, «Entre Duas Margens. Os Portugueses no Golfo Pérsico (1623-1653)», tese de mestrado, Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, Universidade Nova de Lisboa, 2011. Consultado o 23 de agosto de 2026.
Réxime xurídico A Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar establece para os estreitos utilizados para a navegación internacional o dereito de «paso en tránsito». Segundo os artigos 38 e 44, este paso non debe ser impedido e os Estados costeiros non poden suspendelo.Nacións Unidas, «United Nations Convention on the Law of the Sea, Part III: Straits Used for International Navigation», artigos 38 e 44. Consultado o 23 de agosto de 2026.
O Irán asinou a Convención en 1982 pero non a ratificou. Ao asinala formulou unha declaración interpretativa segundo a cal consideraba que determinados dereitos creados pola Convención, entre eles o de paso en tránsito, corresponderían unicamente aos Estados que fosen parte dela.Nacións Unidas, United Nations Treaty Collection, «United Nations Convention on the Law of the Sea: declarations and reservations», declaración da República Islámica do Irán. Consultado o 23 de agosto de 2026.
Conflitos e incidentes contemporáneos
Guerra Irán-Iraq e voo 655 de Iran Air Durante a fase coñecida como «guerra dos petroleiros» da guerra Irán-Iraq, o estreito e o Golfo Pérsico foron escenario de numerosos enfrontamentos e ataques contra a navegación.
O 3 de xullo de 1988, o estreito de Ormuz foi escenario dunha dos máis controvertidos abatementos da aviación da historia, cando o voo 655 da compañía iraniana Iran Air, un Airbus A300, foi abatido polo cruceiro lanzamísiles USS Vincennes da armada estadounidense, cando realizaba un voo regular entre Bandar Abbas e Dubai. Morreron as 290 persoas que viaxaban a bordo, entre elas 66 menores.
A investigación estadounidense concluíu que a tripulación do Vincennes confundira o avión civil cun caza iraniano. Unha revisión histórica posterior da propia US Navy sinalou diversos erros humanos e confirmou que o Vincennes se encontraba dentro das augas territoriais iranianas cando se produciu o incidente.
O presidente dos Estados Unidos George H. W. Bush dixo "I will never apologise for what Americans do" (Nunca pedirei desculpas polo que os americanos fan) e o presidente iraniano xurou vinganza sobre os americanos. O Irán levou posteriormente o caso ante a Corte Internacional de Xustiza. En 1996 os dous Estados alcanzaron un acordo definitivo e o procedemento foi retirado da lista da Corte.
Crise de 2026 En 2026, o estreito adquiriu novamente unha importancia central a raíz da guerra iniciada a finais de febreiro entre o Irán, por unha banda, e os Estados Unidos e Israel, pola outra. Os combates, ataques contra embarcacións e riscos para a navegación provocaron unha redución excepcional do tráfico marítimo.
Segundo a Administración de Información Enerxética dos Estados Unidos (EIA), o transporte de petróleo e outros líquidos polo estreito pasou dunha media de 21,6 millóns de barrís diarios no cuarto trimestre de 2025 a 14,9 millóns no primeiro trimestre de 2026 e apenas 4,9 millóns no segundo trimestre.