Nigel John Dermot "Sam" Neill, nado en Omagh (Irlanda do Norte) o 14 de setembro de 1947 e finado en Sydney (Nova Gales do Sur, Australia) o 13 de xullo de 2026, foi un actor neozelandés de orixe irlandesa. É especialmente coñecido polo seu papel do doutor Alan Grant en Parque Xurásico e Jurassic Park III.

Traxectoria Despois de traballar na National Film Unit de Nova Zelandia como director e actor, Neill foi escollido como o protagonista do filme Sleeping Dogs. A continuación el apareceu no clásico australiano, My Brilliant Career (1979), xunto con Judy Davis.

Neill é coñecido polos seus papeis en filmes importantes, incluíndo Calma total (1989), La révolution française (1989), The Hunt for Red October (1990), Memoirs of an Invisible Man (1992), The Piano (1993), Parque Xurásico (1993), Sereas (1994), In the Mouth of Madness (1994), Event Horizon (1997) e Jurassic Park III (2001).

En 1993, Neill co-protagonizou con Anne Archer Leap of Faith, un drama independente, baseado nunha historia verdadeira sobre a loita dunha muller a vencer o cancro e ter un bebé.

A Neill convidárono a desempeñar o papel de Elrond na adaptación de O Señor dos Aneis, de Peter Jackson, pero rexeitou por mor das súas obrigas contractuais con Jurassic Park III. Organizou e narrou unha serie de documentais para a BBC, titulada Space (Hyperspace, nos Estados Unidos) en 2002.

Neill tamén apareceu en Merlin (1998), un filme baseado na lenda do Rei Artur e a Dama do Lago, retratando o lendario bruxo. Tamén repetiu o seu papel como Merlín, na película Merlin's Apprentice (2006) no que Merlín descobre que el tivo un fillo coa Dama do Lago.

Neill protagoniza o drama histórico The Tudors na rede Showtime facendo o papel do Cardeal Thomas Wolsey.

Tamén protagoniza unha produción de TV ABC chamada Happy Town (2010) na que interpretou a Merritt Grieves, un misterioso dono dunha tenda de recordos. Engadiuse ao elenco dunha adaptación para o cinema da obra de Arthur Miller A View from the Bridge, que ía rodarse en xuño de 2011 mais nunca se filmou.

Filmografía Cine

Ano Título Papel Notas 1975 Landfall Eric Ashes Sacerdote 1977 Sleeping Dogs Smith 1979 Just Out of Reach Mike The Journalist Rex My Brilliant Career Harry Beecham 1981 Omen III: The Final Conflict Damien Thorn Possession Mark From a Far Country Marian 1982 Homes Z Sarxento D.J. (Danny) Costello 1983 Enigma Dimitri Vasilikov 1984 The Blood of Others Bergman 1985 Robbery Under Arms Capt. Starlight Plenty Lazar 1986 For Love Alone James Quick 1988 Evil Angels Michael Chamberlain 1989 Calma total John Ingram La Révolution française Gilbert du Motier, marquis de Lafayette 1990 The Hunt for Red October Capitán Vasili Borodin Shadow of China Xornalista de TV Nos créditos como John Dermot 1991 Death in Brunswick Carl 'Cookie' Fitzgerald Until the End of the World Eugene Fitzpatrick 1992 The Rainbow Warrior Alan Galbraith Memoirs of an Invisible Man David Jenkins Hostage John Rennie 1993 The Piano Alisdair Stewart Parque Xurásico Dr. Alan Grant Sereas Norman Lindsay 1994 Country Life Dr. Max Askey Rudyard Kipling's The Jungle Book Coronel Geofferey Brydon In the Mouth of Madness John Trent 1995 Restoration Rei Charles II 1996 Children of the Revolution Nine Victory Mr. Jones 1997 Event Horizon Dr. William Weir 1998 The Horse Whisperer Robert MacLean O xogo da vinganza Henry Bell 1999 Molokai Walter Murray Gibson Bicentennial Man 'Sir' Richard Martin 2000 My Mother Frank Professor Mortlock The Dish Cliff Buxton O pudin máxico Sam Sawnoff Voz 2001 Parque Xurásico III Dr. Alan Grant The Zookeeper Ludovic 2002 Dirty Deeds Ray Leunig Animated Narrador 2003 Perfect Strangers The Man Yes Anthony 2004 Wimbledon Dennis Bradbury 2005 Little Fish O Jockey 2006 Irresistible Craig 2007 Angel Théo 2008 Dean Spanley Dean Spanley Skin Abraham Laing 2009 I Am You Mr. Reid Under the Mountain Mr. Jones Daybreakers Charles Bromley 2010 Legend of the Guardians: The Owls of Ga'Hoole Allomere Voice 2011 The Dragon Pearl Chris Chase The Hunter 2012 The Vow A View from the Bridge

Televisión Ano Título Papel Notas 1982 Ivanhoe Brian de Bois-Guilbert 1983 Reilly, Ace of Spies Sidney Reilly 12 episodios 1985 Kane and Abel William Lowell Kane 1987 Amerika Coronel Andrei Denisov 1994 The Simpsons Malloy 1995 Forgotten Silver El mesmo 1996 In Cold Blood Agent Alvin Dewey 1998 Merlin Merlín 1998 The Games Citytrans CEO 2001 Space El mesmo 2002 Doctor Zhivago Victor Komarovsky 2002 Framed Eddie Meyers 2004 Stiff Lionel Merricks 2004 Jessica Richard Runche 2005 The Incredible Journey of Mary Bryant Governor Arthur Phillip 2005 To the Ends of the Earth Mr. Prettiman 2005 The Triangle Eric Benerall 2006 Merlin's Apprentice Merlin 2006 Two Twisted Mick 2007 The Tudors Cardeal Thomas Wolsey 10 episodios 2008–2010 Crusoe Jeremiah Blackthorn 14 episodios 2009 Happy Town Merritt Grieves 8 episodios 2011 Ice Anthony Kavanagh 2012 Alcatraz Emerson Hauser 13 episodios

Notas

Categoría:Actores de cinema de Nova Zelandia Categoría:Actores de televisión de Nova Zelandia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados no condado de Tyrone Categoría:Finados en 2026