Capitán Furilo foi unha banda de rock galega procedente de Ponteareas e fundada a mediados do ano 2006. Algúns dos seus membros proviñan da banda O Caimán do río Tea, tamén de Ponteareas.
Traxectoria A historia da banda comezou cun encontro casual en Dublín a mediados dos 2006 entre Oscar T., que se atopaba alí cunha bolsa de estudos internacionais, e Miguel Pino, de viaxe visitando a familiares. De volta a Galiza completaron a formación do novo proxecto, ao que bautizaron como Capitán Furilo, pola admiración de ambos á serie Hill Street Blues, e comezaron a gravar o que sería a súa primeira maquetaCapitán Furilo, maqueta na web da plataforma A Regueifa, marzo 2007..
A principios do ano 2007 lanzaron a través da Regueifa Plataforma o seu traballo de estrea, a maqueta de catro temas (tres en galego e un en inglés), bautizada como Non hai problema. No ano 2008 autoeditaron o seu primeiro EP, titulado Pop?, gravado en outubro de 2007 nos estudios Océano de Nigrán"Os ponteareáns Capitán Furilo presentan cunha cea o seu primeiro disco" , artigo en Cultura Galega, 14 de xaneiro de 2008..
O seu primeiro álbum, Rock, formado por once cancións, foi gravado nos estudios Élite de Vigo e foi presentado o 7 de novembro do ano 2009 nunha cea-baile en Ponteareas"Capitán Furilo repite co formato de cea-baile para a presentación do novo disco “Rock”" , artigo en Cultura Galega, 6 de novembro de 2009..
O 9 de marzo de 2013 deron o seu concerto de despedida na sala JJ Copas de Ponteareas"Capitán Furilo da un concierto de despedida en el JJ Copas", artigo en Faro de Vigo, 9 de marzo de 2013 ..
Membros Oscar T. - Batería e percusións Miguel Pino - Guitarra e voz Monkel S. - Baixo e voz Ronchi M. - Guitarra e voz (Rafael Martínez?)
Discografía Non hai problema (2007; maqueta, A Regueifa Plataforma). Pop? (2008; EP, autoeditado). Rock (2009; Falcon Records). Tercer Round (2011).
Notas
Véxase tamén Outros artigos O Caimán do río Tea
Ligazóns externas Páxina oficial Capitán Furilo en MySpace
Categoría:Grupos musicais de Ponteareas Categoría:Grupos musicais formados en 2006