O castro de Figueiroa, castro de Montouto ou Chan do Castro, é un castro situado no monte do Outeiro de Figueiroa (Abegondo), por riba do lugar de Figueiroa Pequeno, e cunha posible parte en Santín (Montouto)Véxase a páx. 169 do "Anexo 2: Catálogo de edificacións e xacementos arqueolóxicos, páx 169 do PXOM de 1996" onde se cita ao "Castro de Figueiroa, Figueiroa", e a páx 26 do "Tomo IX.a do Catálogo de Protección" do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo, aprobado en 2012 e derogado en 2017, onde se atopa o mapa deste xacemento coa posición delimitada e os lindes por parcelas das parroquias. É da idade ferro-romano.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado que consta dunha croa circular cunha primeira explanada que non pecha o recinto por enteiro e outra de maior tamaño que rodea todo o conxunto. Ten un tamaño de 160 por 200 metros.
A construción da pista entre Figueiroa Pequeno e Santín cortou o extremo suroriental do xacemento.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade o seu solo está adicado ao uso forestal e non é visitable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Montouto