Non confundir co editor e numismático James L. Miller.

James Henry Dominic Miller, nado o 18 de decembro de 1968 en Haverfordwest (Gales) e asasinado o 2 de maio de 2003 en Rafah (Gaza), foi un cámara, produtor e director galés, agasallado con numerosos premios, entre eles cinco Emmy.

A miúdo traballaba con Saira Shah, con quen fundou e dirixiu unha produtora independente chamada Frostbite Productions. Foi asasinado co disparo dun soldado das Forzas de Defensa de Israel o 2 de maio de 2003 mentres filmaba o documental Death In Gaza en RafahMiller's family push for prosecution .. O soldado que o matou foi identificado na prensa como o Capitán Hib al-Heib.

O 6 de abril de 2006, o xurado londiniense que xulgaba o caso reportou o veredicto de "asasinato sen base legal" (unlawful killing), afirmando que Miller fora asasinado.

Miller casou en 1997 con Sophy Warren-Knott, con quen tiña dous fillos, Alexander e Charlotte.

Filmografía Prime Suspects (1999). Dying for the President (2000). Children of the Secret State (2000). Beneath the Veil (2001). Unholy War (2001). The Tramp and the Dictator (2002). The Road from Rio (2002). The Trade Trap (2002). The Perfect Famine (2002). Armenia: The Betrayed (2002). Death in Gaza (2004).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Filmaker murdered by a soldier, BBC .

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Produtores de cinema de Gales Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Pembrokeshire Categoría:Finados en 2003 Categoría:Asasinatos en Palestina