Hermann Möller, ou Møller, nado en Hjerpsted o 13 de xaneiro de 1850 e morto en Copenhaguen o 5 de outubro de 1923, foi un lingüista e filólogo dinamarqués estudoso do indoeuropeo que deu contribucións fundamentais ao desenvolvemento da teoría das laringais e estivo entre os primeiros que postularon a existencia dunha ligazón xenética entre as linguas indoeuropeas e as linguas semíticas.

Traxectoria Nado na parroquia danesa de Hjerpsted, preto de Tønder na Frisia setentrional, en 1864 Möller convértese en súbdito alemán tras a Segunda guerra de Schleswig; rematou os seus estudos superiores en Alemaña. En 1883 comezou a aprender filoloxía xermánica na Universidade de Copenhague, cargo que mantivo durante trinta e cinco anosPhilip Pulsiano; Elaine M. Treharne, A Companion to Anglo-Saxon Literature, p. 447.

Os seus estudos En Das altenglische Volksepos in der ursprünglichen strophischen Form ("A épica popular en inglés antigo na súa forma métrica orixinal", 1883) sostén que orixinariamente o Beowulf tivera un esquema métrico fixo, que terían corrompido outros poetas.

A principal obra de Möller, Vergleichendes indogermanisch-semitisches Wörterbuch ("Dicionario comparativo indoeuropeo-semítico"), publicouse en 1911; nela o lingüista propuxo a súa teoría, segundo a que as familias lingüísticas indoeuropea e semítica estarían relacionadas filoxeneticamente; tal formulación da hipótese non ten atopado o consenso da comunidade científica dos indoeuropeístas, malia que o problema da correlación entre indoeuropeo e semítico permaneceu como obxecto de debate dentro da máis ampla teoría nostrática. na súa época, porén, a proposta de Möller recolleu o consenso de importantes lingüistas como Holger PedersenHolger Pedersen, Sprogvidenskaben i det Nittende Aarhundrede. Metoder og Resultater. e Louis Trolle Hjelmslev, segundo o cal, «que existe unha relación xenética entre indoeuropeo e camito-semítico foi demostrado no detalle polo lingïsta danés Hermann Möller»Louis Trolle Hjelmslev, Die Sprache: eine Einführung; trad. inglesa Language. An Introduction, Madison, University of Wisconsin Press, 1970, p. 79.; as súas investigacións neste ámbito foron continuadas polo francés Albert Cuny e, máis recentemente,polo estadounidense Saul Levin.

A Möller débeselle tamén unha nova versión da teoría das laringais que fora lanzada como hipótese por Ferdinand de Saussure en 1878; o lingüista danés expuxo a súa teoría en Die semitisch-vorindogermanischen laryngalen Konsonanten ('As consoantes laringais semito-protoindoeuropeas', 1917). Segundo Möller, a presenza de fonemas laringais no indoeuropeo confirmaba o seu parentesco co semítico, caracterizado pola frecuaencia de tales sons; tal postulado non foi acollido - polo menos non na formulación orixinaria - pola indoeuropeística, malia ter a existencia de laringais indoeuropeas atopado amplo consenso.

Obras Ensaios Das altenglische Volksepos in der ursprünglichen strophischen Form, Kiel-Lipsia, Lipsius & Tischer, 1883. Zur althochdeutschen Allitterationspoesie, Kiel-Lipsia, Lipsius & Tischer, 1888. Semitisch und Indogermanisch. Teil l. Konsonanten [opera incompiuta, vol. I], Copenaghen, H. Hagerup, 1906. Agora en: Semitisch und Indogermanisch. Teil l. Konsonanten, Hildesheim-Nova York, Georg Olms, 1978 ISBN 3-487-06669-6. Indoeuropaeisk-semitisk sammenlignende glossarium, Copenaghen, Trykt i Universitetsbogtrykkeriet, 1909. Vergleichendes indogermanisch-semitisches Wörterbuch, Gottinga, Vandenhoeck & Ruprecht, 1911. Agora en: Vergleichendes indogermanisch-semitisches Wörterbuch , Gottinga, Vandenhoeck & Ruprecht, 1997 ISBN 3-525-26115-2. Die semitisch-vorindogermanischen laryngalen Konsonanten, Copenhague, Andr. Fred. Høst., 1917.

Escritos varios Den Ældre Edda, 2 vol., Copenhague, Steen, 1870 (?) La preposizione tedesca gegen, Bologna, Tip. Gamberini e Parmeggiani, 1915. (?) Sul problema della parentela delle lingue: Lettere ad A. Meillet, Bologna, Tip. Gamberini e Parmeggiani, 1915.

Notas

Véxase tamén Bibliografía HJELMSLEV, Louis Trolle (1968): Die Sprache: eine Einführung. Wissenschaftliche Buchgesellschaft. (en alemán). PEDERSEN, Holger (1924): Sprogvidenskaben i det Nittende Aarhundrede. Metoder og Resultater. Gyldendalske Boghandel. Copenhague. (en danés). PULSIANO, Philip e TREHARNE, Elaine M. (2001): A Companion to Anglo-Saxon Literature. Blackwell. Oxford. ISBN 0-631-20904-2 (en inglés). VILLAR, Francisco (1991): Los Indoeuropeos y los orígenes de Europa: lenguaje e historia. Gredos. Madrid. ISBN 84-249-1471-6 (en castelán). WATKINS, Calvert (1995): “El proto-indoeuropeo” en RAMAT, Anna Giacalone e RAMAT, Paolo eds.: Las lenguas indoeuropeas. Cátedra. Madrid. ISBN 84-376-1348-5.

Véxase tamén Outros artigos Indoeuropeística. Lingua protoindoeuropea. Linguas indoeuropeas. Lingüística comparada. Teoría das laringais.

Categoría:Lingüistas de Dinamarca Categoría:Lingüistas das linguas afroasiáticas Categoría:Indoeuropeística Categoría:Paleolingüistas