O Digital Video Broadcasting (DVB) é un conxunto de estándares abertos para televisión dixital internacionalmente aceptados. Os estándares DVB están xestionados polo DVB Project, un consorcio internacional da industria con máis de 270 membros, e son publicados polo Joint Technical Committee (JTC, Comité Técnico Conxunto) do ETSI (European Telecommunications Standards Institute, xunto co CENELEC (European Committee for Electrotechnical Standardization) e a EBU (European Broadcasting Union). A interacción dos diferentes subestándares DVB descríbese no DVB Cookbook. . Moitos dos aspectos do DVB está suxeitos a patentes, incluíndo elementos da codificación de vídeo e son MPEG. miniatura|500px|Distribución dos estándares de televisión no mundo (en 2014). Transmisión Os sistemas DVB distribúen datos usando unha ampla variedade de métodos, que inclúen: Satélite: DVB-S, DVB-S2 e DVB-SH. DVB-SMATV nas distribucións colectivas (SMATV). Cable: DVB-C, DVB-C2. Televisión dixital terrestre (TDT): DVB-T, DVB-T2. Televisión dixital terrestre para dispositivos móbiles: DVB-H, DVB-SH. Microondas: usando TDT (DVB-MT), o MMDS (DVB-MC) ou estándares MVDS (DVB-MS).
Estes estándares definen a capa física e de enlace do sistema de distribución. Os dispositivos interactúan coa capa física a través dunha interface síncrona paralela (SPI, Synchronous Parallel Interface), síncrona serie (SSI, Serial Synchronous Interface) ou asíncrona serie (ASI, Asynchronous Serial Interface). Os datos transmítense en fluxos de transporte MPEG (MPEG Transport Streams) con algúns condicionantes adicionais (DVB-MPEG), encapsulados en paquetes de 188 bytes. En novembro de 2004 publicouse un estándar para a distribución comprimida temporalmente a dispositivos móbiles.
Estes sistemas de distribución diferéncianse principalmente nos esquemas de modulación e nos códigos de corrección de erros empregados. En satélite, na banda de SHF, DVB-S emprega a modulación QPSK, mentres que DVB-S2 (a segunda xeración do estándar) emprega QPSK, 8PSK, 16 APSK ou 32 APSK, en función do perfil (profile) empregado. As modulacións máis empregadas son QPSK e 8PSK. No caso de DVB-C, nas bandas de VHF e UHF emprégase a modulación QAM: 16-QAM, 32-QAM, 64-QAM, 128-QAM ou 256-QAM. Finalmente, en transmisións de televisión dixital terrestre (TDT), o estándar DVB-T usa unha modulación COFDM coa posibilidade de ter modulación xerárquica.
A especificación DVB-T2 (segunda xeración do estándar de transmisión terrestre) foi aprobada pola xunta directiva (Steering Board) do DVB en xuño de 2008 e enviada ó ETSI para a súa adopción como un estándar formal, o que se produciu o 9 de setembro de 2009.
O estándar DVB-T2 proporciona unha recepción máis robusta e aumenta a taxa binaria por riba dun 30 % para transmisores únicos, como os do Reino Unido, e debería aumentar a taxa binaria máxima en máis dun 50 % en grandes redes de frecuencia única (SFN Single Frquency Network), como en España, Alemaña e Suecia.
Por outra banda, o DVB creou un grupo de televisión en tres dimensións (CM-3DTV) para identificar "que clase de solución 3D-TV quere o mercado, e como o DVB pode xogar un papel activo na creación desa solución". O grupo CM-3DTV mantivo unha reunión de lanzamento en Xenebra o 25 de xaneiro de 2010, seguida pola primeira reunión do grupo o día seguinte.
Normas miniatura|dereita|180px|Transmisor DVB de R&S. Listaxe das normas segundo campos e aplicacións.
+ Lista das normas da versión 10 ou posteriores a 2007 Normas DescriciónTransmisiónDVB-STransmisión satéliteDVB-S2Transmisión satélite versión 2DVB-CTransmisión por cableDVB-CSTransmisión satéliteDVB-TTransmisión terrestreDVB-T2Transmisión terrestre versión 2DVB-HReceptor portableDVB-SHReceptor portable transmisión por satéliteDVB-MDSTransmisión multipunto vía satéliteDVB-DSNGTransmisión vía satélite temporalMultiplesaxeDVB-SITáboas de definiciónDVB-DATADifusión de datos broadcastDVB-SSUActualización de software de receptoresDVB-TVAGravador dixital persoalDVB-GSEDatos xenéricosFontes de codificaciónDVB-MPEGUtilización dun sistema MPEG2SubtítulosDVB-SUBSubtítulosInteractivoDVB-NIPServizo interactivo, protocolo non especificadoDVB-RCCServizo interactivo por cableDVB-RCPServizo interactivo vía rede conmutadaDVB-RCDService interactif par DECTDVB-RCLService interactif par LMDSDVB-RCGServizo interactivo vía GSMDVB-RCCSServizo interactivo vía satéliteDVB-RCSServizo interactivo vía satéliteDVB-RCTServizo interactivo vía terrestreDVB-RCGPRSServizo interactivo vía GPRS<big>MHP<big>DVB-MHPPlataforma multimediaDVB-PCFFormato de contido para móbilesProtección de contido/Xestión de dereitosDVB-CPCM Protección de contido/Xestión de dereitosInterfaceDVB-PDHRede PDHDVB-SDHRede SDHDVB-ATMRede ATMDVB-HANRede HANDVB-HLNRede HLNDVB-CIInterface común para o acceso condicionalDVB-PIInterface para CATV/SMATV e ASIDVB-IRDI Interface entrada/saída descodificadaProtocolo internetDVB-IPTVIP por redeDVB-IPDCDatacast IP vía redes DVB-HAcceso condicionalDVB-CSASSoporte para cifrado e de acceso condicionalDVB-SIMSimulcryptAnálise e medidaDVB-MAnálise e medida dos fluxos DVB/MPEG
Contido Ademais de son e vídeo, o DVB tamén considera a transmisión de datos (DVB-DATA - EN 301 192) con canles de retorno (DVB-RC) sobre distintos medios de transmisión (DECT, GSM, PSTN/RDSI, satélite, etc.) e protocolos (DVB-IPTV: Internet Protocol; DVB-NPI: network protocol independent e protocolo independente de rede).
Tamén se tiveron en conta nos estándares, para facilitar a conversión, vellas tecnoloxías como o teletexto (DVB-TXT) e os datos incluídos no VBI (vertical blanking interval, intervalo de borrado vertical -DVB-VBI-). Non obstante, para moitas aplicacións existen alternativas máis avanzadas, como DVB-SUB para o subtitulado.
O DVB tamén define un novo estándar para a difusión de vídeo en 3D: DVB 3D-TV
Encriptación e metadatos O sistema de acceso condicional (DVB-CA) define un algoritmo chamado CSA (Common Scrambling Algorithm) para encriptar os datos que se queiran protexer, así coma unha interface física, chamada Common Interface, para permitir o acceso a contidos encriptados (de pagamento). Os fabricantes que seguen o estándar DVB-CA desenvolven os seus sistemas completos de acceso condicional propietarios seguindo esta especificación. Un mesmo programa encriptado pode ir asociado a varios sistemas de acceso condicional ó mesmo tempo, de xeito que se obtén unha gran flexibilidade comercial para o provedor do servizo.
Por outra banda, o DVB tamén está a desenvolver un sistema anticopia para protexer o contido logo de recibido: DVB-CPCM (Content Protection and Copy Management, Protección de contidos e xestión de copias). A intención é permitir un uso flexible de contidos gravados nunha rede doméstica ou máis grande, entanto que se impide a distribución compartida sen límites en Internet. O DVB-CPCM foi unha fonte de moita controversia na prensa popular, e dise que o CPCM é a resposta do DVB ó errado sistema americano de Broadcast Flag.
Os fluxos de transporte DVB inclúen metadatos chamados Información de Servizo (SI, Service Information, recollido en DVB-SI, ETSI EN 300 468, ETSI TR 101 211), que enlazan os distintos fluxos elementais (son, vídeo e teletexto, por exemplo) para formar programas coherentes e proporcionar descricións, lexibles polo usuario, para as guías electrónicas de programa e tamén para a busca automática e a filtraxe.
Recentemente, o DVB adoptou un perfil de metadatos definido polo Foro TV-Anytime (DVB-TVA, ETSI TS 102323). Trátase dun esquema baseado en XML que o DVB adaptou para os gravadores dixitais persoais avanzados.
Por outra banda, tamén se traballa no campo da televisión vía IP (DVB-IPI, ETSI TR 102033, ETSI TS 102034, ETSI TS 102814), que tamén inclúe metadatos coas definicións para unha guía de contidos emitidos en banda larga (DVB-BCG, ETSI TS 102 539).
Plataforma software O DVB-MHP (Multimedia Home Platform, Plataforma Doméstica Multimedia) define unha plataforma baseada en Java para o desenvolvemento de aplicacións de sistemas de vídeo doméstico. Proporciona abstraccións para moitos dos conceptos DVB e MPEG-2, así como interfaces para outras características como o control de tarxetas de rede, descarga de aplicacións e gráficos multicapa.
Canle de retorno O DVB-RCS inclúe os estándares para distintas canles de retorno que traballan xunto coa transmisión DVB(-S/T/C) para crear unha comunicación bidireccional. RCS significa Return Channel Satellite ou Canle de Retorno por Satélite, e especifica canles de retorno nas bandas C, Ku e Ka con ata 2 Mbit/s. DVB-RTC (ETSI EN 301958), pola contra, especifica a canle de retorno para a TDT (Return Channel Terrestrial).
Adopción No ano 1994 ratificáronse o DVB-S e o DVB-C, mentres que o DVB-T foi ratificado a comezos de 1997. As primeiras emisións da TDT seguindo o estándar DVB-T levounas a cabo o Digital TV Group no Reino Unido a finais de 1998. En 2003, Berlín, en Alemaña, foi a primeira área que fixo o que logo se coñecería como "apagamento analóxico": a finalización de todas as transmisións dos sinais de televisión analóxica. Moitos países europeos teñen previsto dispor de cobertura total de televisión dixital para 2010 e proceder ó apagamento analóxico dos sinais PAL/SECAM para esa data.
Para a recepción do sinal da TDT é preciso dispor dun televisor compatible ou ben mercar un adaptador que reciba o sinal da TDT e o transforme de xeito que se poida visualizar nun televisor analóxico. Tanto os televisores equipados con sintonizador TDT como os equipamentos adaptadores foron baixando de prezo segundo se ía estendendo a cobertura da TDT e o número de equipamentos vendidos.
O sistema DVB-T úsase en Europa, Australia, a India, o Sueste asiático e varios países africanos. A maioría de países africanos optou polo sistema DVB-T. Os Estados Unidos, Porto Rico, Canadá, México, Corea do Sur, Honduras e O Salvador optaron polo sistema americano ATSC. Gran parte de Latinoamérica adoptou o sistema xaponés ISDB-T, o igual que as Filipinas e, por suposto, Xapón.
África Kenya As transmisións DVB-T foron inauguradas polo presidente de Kenya, Mwai Kibaki, o 9 de decembro de 2009. As transmisións están empregando a codificación H.264, e os descodificadores proporciónaos a Universidade de Nairobi. En Kenya tamén se leva transmitindo en DVB-H desde xullo de 2009, e está dispoñible para móbiles Nokia e ZTE na rede Safaricom. Suráfrica A finais de 2010 o goberno surafricano referendou a decisión da SADEC (Southern African Development Community, Comunidade de Desenvolvemento Surafricana) de adoptar o estándar DVB-T2.
Asia Hong Kong En Hong Kong, distintos operadores de televisión por cable, como TVB Pay Vision e Cable TV, xa empezaron a usar DVB-S ou DVB-C. O goberno, pola contra, adoptou o estándar DMB-T/H, desenvolvido en China, para os seus servizos de difusión de TDT, que comezaron o 31 de decembro de 2007.
Irán As emisións en DVB-T en Irán comezaron o 17 de marzo de 2009.
Israel En Israel, as emisións de DVB-T, empregando a codificación H.264, comezaron oficialmente o 2 de agosto de 2009. O apagamento analóxico estaba previsto para o 2 de febreiro de 2010, pero foi posposto ata o 30 de marzo de 2011. Durante 2010, as transmisións DVB-T fóronse estendendo pola maior parte de Israel e engadiuse a guía electrónica de programas (EPG).
Xapón Coa excepción de SKY PerfecTV!, Xapón emprega diferentes formatos, aínda que son semellantes ós equivalentes DVB. SkyPerfect é un provedor de satélite que usa DVB nos seus satélites, situados a 124 e 128 graos leste. Pola contra, o satélite situado a 110 graos lste non emprega DVB. En outubro de 2008, SKY PerfecTV/HD comezou a emisión de 15 canles en alta definición usando o estándar DVB-S2 e codificación MPEG-4, H.264 AVC. Ten previsto chegar a emitir máis de 100 canles.
Malaisia