"Sólo los estúpidos tienen la conciencia tranquila" é unha canción da banda viguesa de rock Siniestro Total, editada como segundo sinxelo do seu álbum Policlínico miserable en 1995. Trátase dun sinxelo promocional formado por unha única canción.
O debuxo da capa do sinxelo foi realizado polo debuxante de Ribeira Das Pastoras.
Listaxe de cancións A letra foi escrita por Julián Hernández e a música por Julián Hernández, Javier Soto, Segundo Grandío e Ángel González. "Sólo los estúpidos tienen la conciencia tranquila" - 4:17
Notas
Categoría:Sinxelos de 1995 Categoría:Sinxelos de grupos de Galicia Categoría:Cancións de Siniestro Total