Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo dos tamén arquitectos César Portela e Pascuala Campos de Michelena. Traxectoria miniatura|300px|Monumento ó Capitán Nemo, en Cesantes, Redondela. Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova), Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento ao Capitán Nemo), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.
Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.
Obra en Lalín No ano 2002 construíu en Lalín un conxunto escultórico na carballeira da Crespa que no ano 2008 foi trasladado á carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
«A veces son tan importantes las obras como el lugar donde están hechas», entrevista de María Conde en La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2009 .
Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1970