Luxo Jr. é o primeiro filme producido por Pixar Animation Studios en 1986, despois de se converter nun estudio cinematográfico independente. Trátase dunha curtametraxe de animación por ordenador que pretendeu demostrar as capacidades de produción da compañía. Tamén é, ademais, a primeira curta de Pixar estreada xunto a un dos seus filmes.
A curtametraxe é a orixe da pequena lámpada de escritorio saltarina que máis tarde sería o logo corporativo de Pixar.
Sinopse Os únicos personaxes son dúas lámpadas de escritorio Anglepoise con brazos articulados, unha grande e outra pequena, inspiradas por unha da marca Luxo que John Lasseter tiña no seu escritorio.
Luxo Jr. xoga cunha pequena bóla de goma, empurrándoa e balanceándose sobre ela. Entrementres, Luxo olla as falcatruadas da pequena lámpada. Finalmente, a bóla desínflase cando Luxo Jr. salta sobre ela; Luxo rifa a Luxo Jr., pero o pequeno atopa unha bóla aínda máis grande, coa que segue a xogar.Lasseter, J. (1987) citado en Mealing, S. (1998). The Art and Science of Computer Animation. Intellect Books. ISBN 978-1-871516-71-5.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Luxo Jr. na IMDb Luxo Jr. na Big Cartoon DataBase
Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry