miniatura|300px|O deus Apolo, coroado de loureiro Na cultura popular galega, o loureiro ten tres grandes aplicacións: como planta medicinal, como condimento e como protector contra as tormentas, os meigallos e outras desgrazas. Este último aspecto é o que se desenvolve neste artigo.
Tamén é fonte de numerosos topónimos galegos.
O loureiro, protector Na antiga Roma o loureiro estaba dedicado ó deus Apolo e os emperadores coroábanse cunha coroa de loureiro “El laurel, por su belleza, y por sus emanaciones balsamicas, fue consagrado al Dios de la Poesia, á ceñir la frente de los vencedores. Se plantaba al rededor de los palacios de los Cesares y Pontifices; se creia libre del rayo la cabeza coronada con él, y los mismos Emperadores se acogian á él en tiempo de tempestad” (Vocabulario de Francisco Javier Rodríguez Gil: Diccionario gallego-castellano (1825?-1855) [accesible no Dicionario de Dicionarios].. Tamén se pensaba que del emanaban certos efluvios que atemperaban o ambiente, outra razón para plantar loureiros ó redor das casas.Xesús Rodríguez López: Supersticiones de Galicia y otras preocupaciones vulgares 1910 [ed. facsímile Maxtor 2001], 40 e 129.
De feito, o loureiro é árbore de folla perenne, que nunca seca, o que o converte en símbolo da supervivencia. Quizais sexa consecuencia desta crenza o costume galego de colocar no máis alto da casa acabada de construír, un ramo de loureiro como desexo de protección e ventura para a vivenda e os seus habitantes. Este ramo de loureiro, que xa pasa a designarse simplemente como o ramo, dá nome tamén ó convite ou albaroque que se fai ó rematar a obra da casa.
miniatura|300px|O loureiro considérase protector contra o raio. 300px|miniatura|Follas secas de loureiro. É ancestral a crenza de que onde medrara un loureiro non caería un raio Lémbrese a oración castelá coa que se pide protección contras a chispa durante as tormentas: Santa Bárbara bendita,/ que en cielo estás escrita,/ con laurel y agua bendita.. Moi estendida tivo que estar esta crenza cando tivo que ser prohibida por Martiño de Dumio no século VI na súa obra De correctione rusticorum, onde condenou como superstición pagá rodear as casas con loureiros.
En todo caso, estas prohibicións eclesiásticas non acabaron coa crenza no poder protector do loureiro. Quizais por iso é costume xeral, segundo di Eladio Rodríguez González, colgar ramas nas casas e nas cortes, como medida precautoria contra calquera enfermidade ou desgraza na xente ou no gando, ou queimar follas de loureiro bendito o domingo de Ramos durante as tormentas, para protexerse da treboada e conxurar o raio.Xosé Ramón Mariño Ferro: Cultura popular, Manuais do Museo do Pobo Galego I, 1985, 15.
Para abenzoar as leiras e garantir unha boa colleita, espetábanse nos lindes pólas de loureiro ou de oliveira benditas. Así por exemplo, por Betanzos tiñan o costume de mollar unha póla destas árbores na pía de auga bendita e asperxer con ela as beiras da leira, deixándoa logo espetada no centro.Eladio Rodríguez, s. v. abendizoar.
Para agoirar a felicidade no matrimonio, en Villarente (Lugo) é costume botar loureiro no camiño entre a casa da noiva e a igrexa.Antón Fraguas: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas, Cadernos do Seminario de Sargadelos 51, 1999, 44. Fraguas non concreta o lugar onde recolleu esta tradición, pero existen dúas parroquias co nome de Vilarente no concello de Abadín e asumimos que se refira a unha delas.
En Celanova (Ourense) recorren ó seguinte ritual para curar a decipla: débese bendecir ó enfermo cun ramallo de loureiro que teña treinta follas, á vez que se recita un ensalmo.Lis Quibén, 149.; e na Arnoia pasan pola cara do enfermo nove follas de loureiro, de unha en unha.Lis Quibén, 123.
Como xa se dixo, o loureiro tamén se usou como protector do gando, ó que se lle ataba ó pescozo un ramo de loureiro bendito o Domingo de Ramos; ou ben atar ó pescozo da vaca a corda coa que se atara o rampo de loureiro bendito. Tamén, na corte, queimaban nunha tixola un corno de carneiro, loureiro bendito e xofre. Tense rexistrado como tratamento tradicional contra a mamite das vacas o recurso ós fumazos ou fumaghes producidos ó queimar loureiro, oliveira, bieiteiro e allo, e dirixindo o fume directamente sobre o ubre enfermo.Xesús Rodríguez López, 202.
O loureiro contra o mal do aire Pero o loureiro tamén se utiliza en diversos rituais contra o mal do aire, particularmente contra o aire de defunto ou aire de morto.
En xeral, o fume do loureiro é especialmente protector e purificador de malas presenzas. Cando o campesiño galego sospeitaba que algunha mala cousa lle entrara na casa, queimaba pólas de loureiro e esparexía o fume na casa ou na corte (porque tamén había que protexer o gando). En Cangas de Morrazo (Pontevedra), para protexer a familia do mal de ollo, queimaban nunha tella un pouco de romeu, lavanda, loureiro que mire ó marEste recurso ó loureiro que medra nun alto que mire ó mar dáse tamén noutros rituais curativos, ou ben cun loureiro nado e non trasplantado (é dicir, ventureiro). Na medicina popular cómpre botar ó mal cara algún sitio, lonxe da persoa enferma, onde xa non poida prexudicar a ninguén, como por exemplo, o mar. e tres dentes de allo, coa que percorrían sufumigando a casa toda, coas portas e ventás pechadas, para rematar asperxendo tódalas paredes cun ramallo de oliveira mentres recitaban un ensalmo.Víctor Lis Quibén: La medicina popular en Galicia, Akal 1980, 233.
Mariño Ferro recolleu como, en Pontevedra capital, realizaban este ritual para curar un meniño enfermo polo mal de ollo ou por un aire.Moitas veces indistinguibles entre si.: dous rapaces virxes, un meniño e unha meniña, debían saír das súas casas ás doce da noite en punto, cara a casa do enfermo, levando unha póla de loureiro. Durante o camiño non podían falar con ninguén e debían entrar os dous á par na casa. Unha vez dentro, pousaban o loureiro no chan da habitación do enfermo e prendíanlle lume, e o rapaz collía o meniño enfermo en brazos e pasábao sobre o fume á vez que rezaba esta oración: Loureiro que fuches nado/ e non fuches prantado,/ sácalle o aire/ e este excomungado.Xosé Ramón Mariño Ferro: La medicina popular interpretada, Xerais 1985, 275.Gran Enciclopedia Galega, s. v. aire de excomungado.
En Mourente (parroquia do concello de Pontevedra) afuman ó meniño enfermo con follas de loureiro postas sobre unhas brasas. Logo cómpre recoller toda a cinsa e botala, ás doce da noite, nun río ou nunha fonte que nunca seque.Xosé Ramón Mariño Ferro: La medicina popular interpretada, Xerais 1985, 54-44.
Tamén existen medidas preventivas contra o aire de morto. En Loureses (Os Blancos, Ourense) colocaban ó lado do corpo dos mortos, durante o velorio, un caldeiro con auga bendita e unha rama de loureiro para protexer os visitantes do aire de defunto; estes adoitaban asperxer unha pouca auga bendita sobre o corpo. Outro costume relacionado con esta medida de protección era, ó regreso do velorio, pasar a roupa que vistira o asistente por riba do lume para purificarse co fume, lume no que se adoitaba queimar follas de loureiro. En Santa Comba (A Coruña)) facían este ritual durante o regreso, nunha encrucillada: queimaban unhas pólas de loureiro e saltaban por riba do fume.Lis Quibén, 41. Tamén en Sanxenxo (Pontevedra), cun loureiro que colleran ás doce da noite no adro da igrexa, ou ben na beira dun camiño polo que pasara o viático.Lis Quibén, 65.
Na literatura popular
Cantigueiro A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros.A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey 1929, 203. No orixinal: Atalaya, non-a. Aparta, loureiro verde,/ deixa clarea-la lúa;/ se non vexo á miña nena/ non vexo cousa ningunha.Xaquín Lorenzo Fernández, 42. No orixinal: clareala lua. Arrimácheste ó loureiro/ por lle dar gusto ó corpiño:/ agora estás na gaiola,/ ten pacencia, paxariño.Xaquín Lorenzo, 45. Arrimeime a ti, loureiro,/ coidando que eras calado./ Loureiro, lengoareteiro,/ lévalo lengoaretado.Fermín Bouza Brey 1929, 199. Cando a iauga volva arriba/ e o loureiro dea uvas,/ tamén han de ter fuxía/ as nenas das pernas rubias. Desgraciado do loureiro/ que está ó pé do camiño,/ cada persoa que pasa/ tíralle o seu ramiño.Adela Leiro, 62. Esta casa está faiada,/ faiadiña de loureiro;/ que por moitos anos vivan/ os señores que están dentro.Xaquín Lorenzo, 76. Eu arrimeime ó loureiro/ pensando que era calado:/ loureiro langoreteiro,/ todo o tras avergoñado.Xaquín Lorenzo, 79. Eu ben vin esta-lo cuco,/ por debaixo dun loureiro,/ eu non me caso contigo,/ demonio de lacaceiro.Xaquín Lorenzo, 79. No orixinal: estalo, de un. Loureiro, verde loureiro,/ loureiro da folla ancha,/ canta rapaza se perde/ pola moita confianza!.Xaquín Lorenzo, 91. Non te encostes ao loureiro/ qu'é verde e pode quebrar;/ encóstate ao meu peitiño/ que te pode asegurar.Xaquín Lorenzo, 112. O loureiro bate, bate,/ coa folliña no balcón;/ tamén os meus ollos baten,/ nena, no teu corazón.Xaquín Lorenzo, 119. O loureiro é florido,/ bota follas ó tellado,/ non te gabes que me deixas/ que nunca fuches rogado.Xaquín Lorenzo, 119. O melro canta na viña,/ o reiseñol no loureiro,/ os cregos cantan na igrexa/ serven a Dios por diñeiro.Xaquín Lorenzo, 120. Paxariños que andades cantando/ polas ramas dos loureiros/ e subidos polos ameneiros/ a tomar as raíñas de sol.Adela Leiro, 62. Ramos de loureiro verde/ botan follas ó desdén;/ palabra de casamento/ non lla días a ninguén.Xaquín Lorenzo, 139. Subinme ó loureiro verde/ e cortei unha polastra;/ ó amor que ha de ser firme/ unha palabra lle basta.Xaquín Lorenzo, 149. Teño unha casa no monte,/ nun pinar, antre loureiros,/ teño paz e teño amores,/ estou vivindo no ceo.Xaquín Lorenzo, 274. Recollida en Muros. Teño unha casiña branca,/ na Mariña, antre loureiros,/ teño paz e teño amores,/ estou vivindo no ceo.Xaquín Lorenzo, 274. Recollida nas Mariñas de Betanzos. Tes o loureiro á porta,/ tes a sombra regalada,/ es delgada de cintura,/ tu de fea non tes nada.Xaquín Lorenzo, 154. No orixinal: és.
O loureiro, símbolo identificativo dos furanchos miniatura|300px|Un ramallo de loureiro á porta dun furancho. Os furanchos, esas adegas particulares que abren as portas ó público para vende-lo viño excedente, identifícanse tradicionalmente colocando un ramallo de loureiro á porta. Este ramo pasou a da-lo propio nome de loureiros a estes locais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 153-204. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (1985): La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo. RISCO, Vicente (1962): "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, tomo I, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Buenos Aires. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo. RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares, 1910 [ed. facsímile Maxtor 2001].
loureiro