Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot ou BB, nada en París o 28 de setembro de 1934 e finada en Saint-Tropez o 28 de decembro de 2025, foi unha actriz francesa de sona mundial, ademais de cantante e modelo. Foi considerada unha icona sexual dos anos 1950 e 1960. Nos seus últimos anos destacou na defensa dos dereitos dos animais. Traxectoria
Filla dun industrial, modelo dende os 15 anos, e aparece pola primeira vez en pantalla en 1952 en Le Trou Normand. O filme Et Dieu créa la femme dirixido polo seu home Roger Vadim lanzouna ao estrelato, Bardot foi unha das poucas actrices europeas en recibir atención polos medios de comunicación norteamericanos. En 1954 protagonizou o primeiro filme nos Estados Unidos, Un acte d'amour con Kirk Douglas. En 1965 representouse a si propia en Dear Brigitte con James Stewart.
Bardot retirouse en 1974 despois de protagonizar case 50 filmes e gravar varios discos. Dende entón dedicouse á promoción dos dereitos dos animais. En 1976 creou a Fundación Brigitte Bardot para a protección dos animais en perigo. Recoñecementos
En 1968 foi escollida como modelo para un busto de Marianne, a personificación alegórica da República Francesa."Marianne Brigitte Bardot ". En Ateliers D'Art des Musées Nationaux.
Notas
Véxase tamén Brigitte Bardot (canción)
Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1934 Categoría:Modelos femininas de Francia Categoría:Finados en 2025