Afonso Escámez e López, nado en Águilas (Murcia), o 1 de xaneiro de 1916 e finado en Madrid, o 16 de maio de 2010Afonso Escámez, un banquero de la vieja escuela, El País, 17 de maio de 2010., marqués de Águilas, foi un banqueiro español.

Traxectoria Fillo dun vendedor de peixe, asistiu ao colexio Santo Tomás de Aquino. O prematuro falecemento do pai fixo que comezase a traballar con 12 anos como porteiro na sucursal do Banco Internacional de Industria e Comercio. Tras a crise de 1929, a entidade reduciu persoal e Escámez, con 13 anos, perdeu o seu primeiro traballo. Pero os seus xefes xa se fixaran nel e pronto o volveron contratar, xa como caixeiro. Logo da Guerra Civil, o Internacional foi absorbido polo Banco Central, a entidade da que Escámez nunca se desligaría e onde desenvolveu toda a súa carreira, ata alcanzar a presidencia en 1973, cadeira que ocupou ata 1993.

Logo da súa retirada foi tamén Presidente de Honra de CEPSA.

En 1977 foi designado senador polo rei de España Xoán Carlos I e ocupou un escano no Senado ata as eleccións de 1979, ás que non se presentou. Durante a súa estadía na Cámara Alta vinculouse ao grupo de Senadores Independentes, todos eles de designación real, e situados na á máis conservadora do hemiciclo.

Galardóns Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. En 1991, o rei Xoán Carlos I de España outorgoulle o marquesado de Águilas, vacante trala súa morte.

Notas

Categoría:Personalidades da banca Categoría:Senadores de España Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Miguel Hernández de Elx Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Finados en 2010