miniatura|250px|dereita|Mapa do mar de Chukchi O mar de Chukchi (en , en ) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.
Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.
Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.
O porto principal é Uelen, no estreito de Bering. Véxase tamén
Categoría:Mares do Océano Ártico