O Pazo de Galegos, tamén coñecido como Pazo das Monxas, é unha casa señorial localizada no lugar do Pazo, na parroquia de Galegos (Frades).

Características A vivenda ten planta rectangular cunha capela engadida en 1950, que outorga ao conxunto a planta en forma de L.

Historia miniatura|Placa na porta do Pazo de Galegos. Os primeiros propietarios coñecidos sitúanse en 1664. Os escudos recollen aos Montenegro, Mosquera, Andrade, Bermúdez, Ribera, Salgado e Gayoso. Na fachada consérvase un brasón que alude aos Novoa, Luaces e Enríquez. Entre os seus donos figurou Emilio Folla Jean, que en xuño de 1914 llo cedeu a Maximiliano Linares Rivas, alcalde de Ferrol e A Coruña. Linares Rivas deixoullo á súa filla Rosario Linares-Rivas Amil-España. Esta outorgoullo en xullo de 1966 ás Irmás de Santa Dorotea, que o rexentan na actualidade. Foron as irmás as que construíron a capela e dirixiron unha escola para a zona na década de 1960.Arquitectura Señorial del norte de España, de Germán Ramallo Asensio e Begoña Alonso Ruíz, consultado o 25 de abril de 2020.

O pazo foi visitado en 1690 pola raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II, segundo pode lerse na inscrición do lintel do portón de entrada: El 15 de abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Nuestra Señora Doña Mariana de Neoburgo, mujer del rey Nuestro Señor don Carlos II, viniendo de La Coruña en Romería a Nuestro Santo Apóstol Santiago.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pazos de Galicia Ligazóns externas Galegos na páxina web do concello de Frades

Galegos Categoría:Frades