O castro de Tembra é un castro situado na parroquia de Boullón, no concello coruñés de Brión.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado que se localiza nunha pronunciada aba dos Altos da Faboira, a uns 300 metros sobre o nivel do mar. A pendente do terreo é máis acusada no eixo norte-sur, onde o desnivel chega aos 10 metros. A parte máis elevada do recinto é a súa beira máis próxima ó cumio do sistema montañoso no que se encrava. Os desniveis máis acusados áchanse ó leste, ó sur e ó poñente.
Na actualidade só é visible un dos parapetos defensivos, que está separado do recinto habitado por un foso de entre 5 e 7 metros de anchura. As dimensións do castro son de 100 metros no eixo norte-sur e 110 metros no eixo este-oeste.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo de bens culturais. PXOM de Brión. Xuño do 2003.
Tembra Categoría:Brión sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes