Co nome de cabra, cabra de altura Tamén cabra de fóra e cabra da pedra, segundo Ríos Panisse. ou galiña de mar (Helicolenus dactylopterus) é un peixe de tamaño medio, corpo redondo e cor vermella con bandas transversais máis escuras.

Descrición miniatura|esquerda|250px|Cabra de altura Neste peixe destaca a cor avermellada viva, e a aleta dorsal na que destacan os radios da primeira metade. Son tamén característicos os ollos grandes e a aleta pectoral moi desenvolvida.

Na cabeza poden verse espiñas laterais nas fazulas.

Hábitat e distribución Habita en zonas de 200 a 1.000 metros de profundidade, de fondo lamacento. Reprodúcese en novembro ou decembro.

Péscase con artes de arrastre e palangre.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba 1977.

Ligazóns externas Ficha de FishBase.org Estructura poblacional y ecología reproductiva de Helicolenus dactylopterus dactylopterus en la plataforma ibérica

Categoría:Teleósteos Categoría:Animais descritos en 1809