Finding Neverland é unha película de 2004 dirixida por Marc Forster. Conta a experiencia de J. M. Barrie escribindo o clásico infantil Peter Pan.
Sinopse Sir James Matthew Barrie é un escritor de obras de teatro. Cando as súas obras xa non reciben boas críticas decide escribir unha nova historia. Mentres está no parque coñece a Sylvia Llewelyn Davies e os seus fillos, Peter, Jack, George e Michael. Peter é o único ao que parece non agradar James. Barrie crea unha grande amizade coa familia, pero non é ben vista pola súa esposa Mary nin pola nai de Sylvia.
O escritor e a familia pasan un magnífico verán xuntos no cal os mozos e el mesmo aprenden moitas cousas xuntos. Especialmente Peter, con quen J.M. Barrie crea un gran lazo de amizade, inseparable. Unha vez, no campo, de paseo, Sylvia comeza a tusir descontroladamente e descóbrese que posúe un problema pulmonar, pero decide non someterse a medicacións nin tratamentos.
A esposa de James cánsase de ter que compartir o seu marido con outra familia e decide deixalo. Sylvia empeora rapidamente, chegando a un punto no cal xa non hai moitas esperanzas.
Barrie escribe unha extraordinaria obra inspirada nas súas experiencias xunto á familia de Sylvia, sendo Peter o protagonista da historia. A obra é todo un éxito, cativando o público coa fantasía e as orixinais personaxes.
A saúde de Sylvia non mostra ningún cambio. A noite da estrea o señor Barrie vai buscala, a pedirlle que deixe de finxir que nada pasa. Pero ela dálle a entender que a súa hora está a chegar e é irremediable. Así é como un día George pídelle á súa nai que baixe ao salón e alí atópase coa mesmísima obra, na casa. Ao final, un pano despréndese da parede da casa e detrás del atópase Nunca xamais. Sylvia entra alí e aí é onde morre, debuxando esa morte tras unha estadía eterna en Nunca xamais. James e a señora Llewelyn Davis comparten a tutela dos nenos de Sylvia.
Diferenzas As diferenzas entre historia real e a película son: Había cinco nenos no canto de catro. O esposo de Sylvia aínda estaba vivo cando Barrie coñece a familia. Sylvia morreu seis anos despois da estrea da obra.
Premios Oscar 2004 Categoría Persoa ResultadoOscar a mellor películaCandidataOscar ao mellor guión adaptadoDavid MageeCandidatoÓscar ao mellor actorJohnny DeppCandidatoÓscar a mellor banda sonoraJan A.P. KaczmarekGañadorOscar ao mellor deseño de vestiarioAlexandra ByrneCandidataOscar a mellor dirección de arteGemma JacksonCandidataÓscar ao mellor montaxeThelma SchoonmakerCandidata
Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes dirixidos por Marc Forster Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1903 Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes biográficos sobre escritores