O castro de Belesar, tamén chamado Coto do Castro, é un castro situado na parroquia de Belesar, no concello pontevedrés de Baiona.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado situado sobre un promontorio. Está defendido naturalmente polo río e aprécianse traballos de aterrazamento do terreo nas áreas restantes do recinto.
O castro está moi alterado por movementos de terras e pola construción de muros de contención, casas e edificios auxiliares.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Pontevedra
Ligazóns externas Catálogo do patrimonio cultural. PXOM de Baiona. Novembro do 2007.
Belesar