O castro de Bouzalonga é un castro situado na parroquia de Deixebre, no concello coruñés de Oroso.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado único de planta practicamente circular. Está defendido por un terraplén que o circunda. No lado norte, o de peores condicións defensivas, posúe tamén un foxo. A isto engádenselle no lado sur dous pequenos terrapléns illados. Nesta parte localízase probablemente a entrada do castro.

O recinto central ten unhas dimensións de 72 metros no eixo norte-sur, e 56 metros no eixo este-oeste. O terraplén exterior ten unha altura de entre 2 e 2,5 metros, mentres que o interior oscila entre os 1,5 e 2 metros.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña Ligazóns externas Catálogo do patrimonio. PXOM de Oroso. Febreiro do 2005.

Bouzalonga