Geórgios Stylianou Seferiadis, coñecido como Giorgos Seferis (en grego: Γιώργος Σεφέρης), nado en Esmirna o 13 de marzo de 1900 e finado en Atenas o 20 de setembro de 1971, foi un escritor grego gañador do Premio Nobel de Literatura en 1963.
Traxectoria En 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas Strofi, influído polo simbolismo e o hermetismo. Foi cónsul de Londres e publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978). miniatura Obra Escribiu en dimotikí glosa -a lingua do pobo-, lingua grega que seguiu a súa evolución e que presentaba modificacións notables respecto da lingua oficial, imposta polo Estado, chamada kazarévusa. Intentou combinar as súas propias experiencias coa historia e a mitoloxía. Unha das súas principais fontes de inspiración foi a Odisea de Homero, en particular, para mostrar como a personalidade humana non cambiou a través dos séculos.
Poesía I Strofi (H Στροφή), 1931 I Sterna (H Στέρνα), 1932 Mythistórima (Μυθιστόρημα), 1935, serie de poemas baseados na Odisea Ghimnopedhia, 1935 Tetrádhio Yimnasmáton (Τετράδιο Γυμνασμάτων), 1940. Imerologuio Katastrómatos I, II e III (Ημερολόγιο καταστρώματος Α΄, Β΄, Γ΄), 1940, 1944, 1955, diarios Kijli (Κίχλη), 1947 O rei de Asine, 1948 Poiímata, 1924-46, 1950 Poems, 1960 Tría kryfá poiímata (Τρία κρυφά ποιήματα), 1966 (Tres poemas secretos) Delphi, 1963
Prosa Ensaios (Δοκιμές), 3 vols. Seis noites na Acrópole. Días (diarios dun poeta), 1945, 1951, 1974, 7 vols.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Esmirna Categoría:Escritores en lingua grega moderna Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Premios Nobel de Grecia Categoría:Poetas en lingua grega