Beetlejuice é un filme dirixido por Tim Burton que se estreou en 1988. A partir do éxito do filme, realizouse unha serie de animación co mesmo nome.
Sinopse O filme conta a historia dunha parella de casados (interpretada por Alec Baldwin e Geena Davis) que, despois de adquirir unha fermosa casa na zona residencial da cidade, ambos sofren un accidente de coche no que morren, sen eles sospeitalo. Unha nova familia, formada pola excéntrica escultora Delia e o seu apoucado marido Charles, xunto coa súa filla Lidia, merca a casa e as pantasmas vense obrigados a abandonala contra o seu desexo, polo que, tras descubrir a súa nova natureza, piden axuda a Beetlejuice, un desagradable, berrón e falcatrueiro bio exorcista. Beetlejuice é un «exorcista dos vivos», é dicir, axuda ás pantasmas a botar do seu fogar a calquera ser vivo que os poida anoxar.
Personaxes Michael Keaton como Beetlejuice Alec Baldwin como Adam Geena Davis como Barbara Winona Ryder como Lidia Catherine O'Hara como Delia
Galardóns e nomeamentos 1988: Oscar: Mellor maquillaxe.
Véxase tamén Outros artigos Beetlejuice (serie de televisión)
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre pantasmas