Young Fresh Fellows é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1981 en Seattle, Washington por Scott McCaughey e Chuck Carroll. Tad Hutchison, o curmá de Chuck Carroll, uniuse ao grupo para a gravación do seu álbum de estrea en 1983.

O seu primeiro álbum foi The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest (1984), despois do cal Jim Sangster se uniu a eles como baixista e McCaughey pasouse do baixo á guitarra. Carroll deixou a banda en 1988, e foi substituído por Kurt Bloch de The Fastbacks.

O tema "Amy Grant", unha canción cómica sobre a música cristiá contemporánea e a artista pop Amy Grant, aparecida no seu álbum The Men Who Loved Music, foi un éxito nas radios universitarias e é probablemente o seu tema máis coñecido.

A banda continua xunta, a pesar de que despois do álbum de 1996 A Tribute To Music non volvesen a editar material novo ata Because We Hate You (2001), un traballo compartido co outro grupo de McCaughey, The Minus 5. McCaughey centrouse máis en The Minus 5 dende entón, mentres que Bloch e Sangster formaron o grupo Sgt. Major, e Hutchison traballa máis no deseño e as artes visuais, ademais de actuar e gravar como Chris & Tad con Chris Ballew de The Presidents of the United States of America. Porén, os Fellows editaron I Think This Is no ano 2009 e comezaron unha xira por España no mes de outubro.

O 27 de setembro de 2010 visitarían Santiago de Compostela como abreconcertos de Mudhoney nun concerto celebrado na Sala Capitol.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Notas The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest 1984 PopLlama Records Topsy Turvy 1985 PopLlama Records The Men Who Loved Music 1987 Frontier Records Totally Lost 1988 Frontier Records Beans and Tolerance 1989 autoeditado This One's for the Ladies 1989 Frontier Records Electric Bird Digest 1991 Frontier Records It's Low Beat Time 1992 Frontier Records, Munster Records A Tribute To Music 1997 Rock & Roll Inc. Because We Hate You 2001 Mammoth Records compartido con The Minus 5 I Think This Is 2009 Yep Roc Records I Don't Think This Is 2009 Munster Records, Rock & Roll Inc. Tiempo de Lujo 2012 Yep Roc Records

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais formados en 1981