O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.
Características miniatura|esquerda|Estatua de guerreiro galaico. O castro de Armeá foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1963. Actualmente ten a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC).
Arqueoloxía Foi escavado por Conde Valvís. Atopáronse unha sauna castrexa, restos indíxenas e romanos, que están depositados na súa maioría no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
En 2018, na quinta campaña dirixida polo arqueólogo Adolfo Fernández na Atalaia, atopouse unha inscrición en dúas pedras co texto MAX.
Contorna Próximo ao castro, e nunha carballeira, atópase o lugar coñecido polo nome de As Pías ou Baños de Santa Mariña, segundo Vicente Risco. Trátase de dúas pías labradas nun afloramento granítico situado a rentes do chan que aparece rodeado perimetralmente por un muro de cachotería dun metro de altura e planta circular. A pía de maior tamaño ten forma rectangular e conserva un bo caudal de auga durante todo o ano. Á beira dun dos seus lados maiores disponse outra pía de menores dimensións. Na cabeceira da pía maior, así como nun lateral daquela, sitúanse dúas cazoletas circulares de tamaño desigual. Conde Valvís apuntou a posibilidade de que esta construción operase como prensa de aceite de oliva, unha hipótese que parece ser corroborada pola existencia dun pequeno orificio que une ambos recipientes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Bibliografía Fariña Busto, F. 2002. Santa Mariña de Augas Santas. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).
Ligazóns externas Catálogo de elementos arqueolóxicos. PXOM de Allariz. Abril do 2003. "O gravado dun guerreiro sorprende na escavación do castro de Armeá", artigo en Cultura Galega, 22 de xullo de 2011.
Armeá Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Ourense