Carmen Blanco Ramos, nada en Vilar de Céltigos (Grixoa, Santa Comba) o 2 de xuño de 1957, é unha escritora galega.

Traxectoria Viviu desde 1968 en Madrid, onde se formou académica e culturalmente. Estudou filoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Os inicios literarios producíronse cos contos publicados no suplemento cultural “O espello” de A Freita. Revista da lingua e da cultura galega de Asturias. Porén, é coñecida pola súa novela A golpe de dor publicada pola editorial 3C3.

Publicou varios relatos e artigos de crítica literaria en Madrygal. Revista de estudios gallegos, A Freita e Grial. En 2001 regresou a Galicia. Reside en Vilar de Céltigos. Obras Narrativa A golpe de dor, 2002, 3C3 Editores.

Ensaio O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963), 2016, Xerais.

Participación en libros colectivos Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000) Ex toto corde. No oitenta aniversario de don Xesús Alonso Montero (2009) Pontevedra Literaria (2007; edición)

Véxase tamén miniatura|Olivia Rodríguez, Xesús Alonso Montero e Carmen Blanco Ramos no Club Faro de Vigo en 2025

Bibliografía

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid