O indie rock é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido e nos Estados Unidos nos anos 80. O significado do termo "indie rock" é discutido aínda hoxe en día por moitos músicos, seareiros e xornalistas. Principalmente o termo úsase para describir calquera tipo de rock producido por artistas que traballan con selos discográficos independentes e salas underground, que apareceron nos Estados Unidos e noutros lugares nos anos 80 e 90. Outros ven ao indie rock como un xénero propio dentro do rock cunha estética específica, e danlle menos importancia ao contexto no que apareceu. Moitos adoptan os dous significados do termo, crendo que a estética do xénero e a súa filosofía de produción están profundamente entrelazados.
Os artistas do indie rock son coñecidos por procurar manter o control completo da súa música e as súas carreiras, editando álbums en discográficas independentes e confiando nas xiras, no boca a boca, na emisións dos seus temas en radios universitarias ou independentes e, en anos máis recentes, na promoción a través de Internet.
Porén, nos anos 2000 moitos artistas cun estilo musical definido como "indie" asinaron con grandes discográficas ou as súas subsidiarias, e comezaron a promoverse a través de medios de comunicación máis tradicionais. Isto deu lugar a unha nova confusión no significado do termo. O éxito comercial desa escena estivo liderada por catro bandas: The Strokes, The White Stripes, The Hives e The Vines. O emo tamén chegou ao mainstream a principios dos anos 2000.
Características O termo indie rock, que vén de "independente", describe aos selos pequenos e de presuposto relativamente baixo nos que é editada este tipo de música e á actitude DIY das bandas e artistas involucrados. Aínda que os contratos de distribución normalmente se realizan con grandes compañías corporativas, estes selos e os grupos que albergan intentaron manter a súa autonomía, deixándoos libres para explorar sons, emocións e temas cun atractivo limitado para as grandes audiencias do mainstream. As influencias e estilos dos artistas do xénero son extremadamente diversas, e inclúen o punk, a psicodelia, o post-punk e o country.S. Brown and U. Volgsten, Music and Manipulation: on the Social Uses and Social Control of Music (Berghahn Books, 2006), ISBN 1-84545-098-1, p. 194 Os termos "rock alternativo" e "indie rock" foron termos intercambiables nos anos 80, pero despois de que moitas bandas alternativas seguisen a Nirvana no seu éxito cara ao mainstream a principios dos 90, o termo "indie rock" comezou a ser usado para describir a esas banda, que traballando en distintos estilos, non perseguían ou non acadaron o éxito comercial. En termos de estética, o indie rock caracterízase por un coidadoso equilibrio de accesibilidade pop con noise, experimentación con fórmulas da música pop, letras sensibles enmascaradas por posturas irónicas, unha preocupación sobre a "autenticidade" e a representación dun rapaz ou rapaza sinxelo.Henry, Stephen; Novara, Vincent J (2009). "Sound Recording Review: A Guide to Essential American Indie Rock (1980-2005)". Notes: Quarterly Journal of the Music Library Association. 65 (4): 816-33
Allmusic identifica o indie rock como unha serie de diferentes enfoques musicais non compatibles cos gustos mainstream. Unido por unha ética máis que por un enfoque musical, o movemento indie rock abarcou unha ampla gama de estilos, dende as bandas máis duras influenciadas polo grunge, pasando por grupos DIY experimentais como Pavement, ata cantantes punk-folk como Ani DiFranco.S. T. Erlewine, "American Alternative Rock / Post Punk", en V. Bogdanov, C. Woodstra e S. T. Erlewine, All Music Guide to Rock: the Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul (Milwaukee, WI: Backbeat Books, 3ª ed., 2002), ISBN 0-87930-653-X, pp. 1344-6 De feito, hai unha lista eterna de xéneros e subxéneros do indie rock. Moitos países desenvolveron unha extensa escena indie local, florecendo con bandas coa suficiente popularidade como para sobrevivir dentro dos seus respectivos países, pero sendo virtualmente descoñecidas fóra deles. Porén, aínda hai bandas indie que comezan localmente e conseguen chegar a un público internacional.J. Connell and C. Gibson, Sound Tracks: Popular Music, Identity, and Place (Abingdon: Routledge, 2003), ISBN 0-415-17028-1, pp. 101-3
O indie rock destaca por ter unha proporción relativamente alta de artistas femininas en comparación con anteriores xéneros do rock, unha tendencia exemplificada no desenvolvemento da música feminista riot grrrl de artistas como Bikini Kill, Bratmobile, 7 Year Bitch, Team Dresch e Huggy Bear.M. Leonard, Gender in the Music Industry: Rock, Discourse and Girl Power (Aldershot: Ashgate, 2007), ISBN 0-7546-3862-6, p. 2 Porén, Cortney Harding sinalou que este sentido de igualdade non se ve reflectido no número de mulleres que dirixen selos independentes.Harding, Cortney (13 de outubro de 2007). "UpFront: The Indies - Where the Girls Aren't: Why Aren't More Women Running Indie Labels". Billboard - The International Newsweekly of Music, Video and Home Entertainment.
Historia Os selos discográficos independentes xogaron un importante papel no auxe do indie rock. Aínda que existían dende antes de finais da década dos 70, con músicos de jazz nos 40 e 50 que foron pioneiros en publicar música en selos operados por artistas, máis tarde foron seguidos por selos fundados polos produtores británicos centrados no rock Joe Meek (Triumph Records), Andrew Loog Oldham (Immediate Records), Chris Wright con Terry Ellis (Chrysalis Records) e Larry Page (Page One Records).
As etiquetas independentes gañaron máis protagonismo na escena underground estadounidense dos 60 con artistas de culto fichando por selos locais como ESP-Disk e International Artists. Outros selos independentes foron os da escena krautrock alemá, como a propia discográfica de Kraftwerk, Kling Klang Records, e tamén Ohr, Brain, e Sky Records. Artistas xa establecidos tamén crearon as súas propias discográficas, como os Beatles con Apple Records, Frank Zappa con Straight e Bizarre Records, The Rolling Stones con Rolling Stones Records e Grateful Dead con Grateful Dead Records, aínda que estas fracasaron a miúdo comercialmente ou foron absorbidos polas grandes discográficas.
No documental da BBC Do it Yourself: The Story of Rough Trade dise que "[...] cando comezou Rough Trade en 1976 había preto dunha ducia de selos independentes en Gran Bretaña, a finais da década había máis de 800". Entre os primeiros selos indie destacados inclúense Mute, Rough Trade, 4AD e Creation Records.
Precursores miniatura|The Velvet Underground, unha das primeiras influencias do xénero The Velvet Underground e The Kinks teñen sido citados como unhas das primeiras influencias do indie rock, co The New York Times afirmando que "[...] the Kinks foron como a primeira banda de indie rock, dun xeito raro". Ademais, Pitchfork citou a The Beach Boys, así como a The Byrds, como influencias fundamentais, destacando que "sen os Byrds, a totalidade do rock universitario e, a partir del, o indie rock, non existiría". Outras influencias son Syd Barrett de Pink Floyd e Alex Chilton de Big Star, destacando The Guardian que a "influencia de Barrett integrouse na música que agora coñecemos como indie rock", e describiu a Big Star como a "ur-band" (a banda orixinal) do "indie-rock emocionalmente agudo".
Posteriormente, artistas proto-punk como Patti Smith, The Stooges e The Modern Lovers lanzaron álbums de debut fundamentais que foron todos producidos polo ex-membro de Velvet Underground John Cale. Estes álbums serían influencias despois de bandas de indie rock como Sonic Youth, NirvanaSoulsby, Nick (1 de febreiro de 2016). Cobain on Cobain Volume 9: Interviews and Encounters (Musicians in Their Own Words). Chicago Review Press e Dinosaur Jr. Ademais, os álbums en solitario do exteclista de Roxy Music, Brian Eno, Here Come the Warm Jets e Taking Tiger Mountain (By Strategy) foron descritos como traballos que estableceron "o modelo para as bandas de art rock, post-punk, new wave, indie-rock e ata góticas" que chegaron posteriormente.
A banda de Nova York Television, cuxa guitarra melódica en Marquee Moon demostrou ser influente na primeira escena indie, tamén foi acreditada como presaxio do indie rock. Television foi a primeira banda punk en autoeditar un sinxelo, "Little Johnny Jewel" (1975), que foi seguido polo sinxelo de estrea de Pere Ubu en decembro dese mesmo ano. Así mesmo, bandas de punk inglesas como Soft Boys e Wire, cunha mestura de punk e cancións pop pegadizas e concisas no seu álbum de estrea Pink Flag e en 154, influenciaron despois a grupos como Guided by Voices e Hüsker Dü. Ademais, o grupo de Kansas The Embarrassment foi citada como un "principais proxenitores da escena indie rock estadounidense" que influíu en R.E.M. e Pavement. Despois da disolución do grupo, Bill Goffrier pasou a formar a banda de indie rock Big Dipper.
Durante a chegada do punk rock a finais dos anos 70, as bandas comezaron a adoptar e popularizar a ética DIY que animaba a calquera, independentemente das súas habilidades ou formación musical, a formar un grupo. En xuño de 1976 os Sex Pistols actuaron no Lesser Free Trade Hall de Manchester, inspirando a formación de influentes bandas como The Smiths, Buzzcocks, The Fall e Joy Division. Tras o éxito comercial do punk rock en 1977 xurdiu a escena post-punk no Reino Unido, encapsulando bandas que, aínda que conservaban a enerxía crúa e a ética DIY do punk, comezaron a superar os seus límites a través dunha evolución experimental e artística. Artistas como The Cure, The Monochrome Set, Felt, The Raincoats e Young Marble Giants que ficharon na súa maioría con selos independentes como Rough Trade, Factory Records e Cherry Red, serviron como unha influencia fundamental no indie rock e despois na música alternativa. Grupos estadounidenses como The Feelies e Talking Heads, así como bandas escocesas de post-punk como Orange Juice, The Vaselines e Josef K tamén demostrarían ser influentes.
Orixes O documental da BBC Music for Misfits: The Story of Indie sinala a cuñaxe do termo "indie" na autopublicación do Spiral Scratch EP de 1977 da banda de punk rock de Manchester Buzzcocks a través do seu propio selo independente New Hormones. Isto inspirou un movemento punk DIY onde bandas como Swell Maps, 'O' Level, Television Personalities e Desperate Bicycles seguiron o exemplo o exemplo ao prensar, empaquetar e distribuír os seus propios discos, ao almacenar copias na casa e ao deseñar portadas a man. A distribución mellorou aínda máis coa creación de 'The Cartel', unha asociación de compañías como Red Rhino e Rough Trade Records que tomarían os lanzamentos destes pequenos selos para metelos nas tendas de discos de todo o país.Lazell, Barry (1997). "Indie Hits 1980–1989", Cherry Red Books. ISBN 0-9517206-9-4
Os selos discográficos independentes tamén serían parte integrante dos primeiros anos da distribución musical punk rock, como se viu con Beserkley Records nos Estados Unidos, que sacou o álbum debut dos Modern Lovers, e Stiff Records que lanzou o primeiro sinxelo punk do Reino Unido, "New Rose" dos Damned. Pouco despois o selo australiano lanzou Able Label, o primeiro sinxelo de The Go-Betweens, e tamén en Australia The Saints editaran o primeiro sinxelo punk fóra dos Estados Unidos, "(I'm) Stranded", co seu propio selo Fatal Records. Do mesmo xeito, bandas DIY como Deep Freeze Mice e Half Japanese formaron os seus propios selos que influirían na escena indie rock en xeral. "50 Skidillion Watts" deste último publicou música que sería citada por Kurt Cobain como unha influencia fundamental, así como a do selo K Records de Beat Happening.