Luís Taboada Coca, nado en Vigo o 6 de outubro de 1848 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1906, foi un escritor galego.

Traxectoria Estudou no instituto de Pontevedra. Trasladouse a Madrid protexido por Alejandro Chao que o nomeou o seu administrador para que puidese vivir na capital. Traballou nos ministerios de Gobernación e de Fomento, sendo secretario particular de Ruiz Zorrilla e Nicolás María Rivero. Foi redactor de El Meteoro de Vigo en 1867; colaborou con crónicas festivas en La Ilustración Española y Americana, La Ilustración Ibérica, Madrid Cómico, Nuevo Mundo, El Imparcial, El Duende, ABC e Blanco y Negro.Cf. Manuel Ossorio y Bernard, Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid, 1904, p. 443. En El Miño publicou unha serie de poemas baixo o título de "Gorgoritos". Estreou en Madrid en 1878 a comedia nun acto Afinador y mártir. O humor de Taboada Coca, na liña costumista, foi moi popular en toda España. En Oráculos del matrimonio proporcionou un modo de saber que parella se terá, a partir duns tipos básicos de homes e mulleres, dos que se dan fotos. Wenceslao Fernández Flórez incluíuno na súa antoloxía do humor.

Obras miniatura|Caricatura de Taboada en Madrid Cómico. Afinador y mártir (1878), comedia. Errar el golpe (1885) miniatura|Tarxeta postal de Eugenio Krapf manuscrita por Taboada. Los ridículos (1891) Madrid en broma (1891-92) La vida cursi (1892) Rayos de Sol (1892) con Julián Bastinos Titirimundi (1892) Siga la fiesta (1892) Caricaturas (1892) Páginas alegres (1893) El mundo festivo (1894) Madrid alegre (1894) La joven América (1894) Intimidades de un autor festivo (1894) La joven América: Juguete cómico en un acto y en prosa (1894), con Félix González Llana Cursilones (1895) Viajes de placer, (1895). Perfiles cómicos (1897) Colección de tipos (1898) La viuda de Chaparro (1899, novela) Notas alegres (1900) Crónicas alegres (3 vols., 1900, 1901-02, 1903-04) Los cursis (1903) Portugal en broma (1904) Pescadera a tus besugos (novela, 1905) Las de Cachupín (novela, 1905) La vida en broma (1905). Chamorro (novela) Para reír toda la vida (1906) Oráculos del matrimonio (1906). Emilio Castelar e Luis Taboada, Un viaje à Paris durante el establecimiento de la República, La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880. Paris y sus cercanías: Manual del viajero, 1880. Trop de Zéle Clamores justos Epigramas Don Gil allá en el Brasil.

Póstumas Pellejín. Historia de un diputado de la mayoría (1910) Historia cómica de España (2 vols., 1911, 1912), en colaboración.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Artigo no centenario da súa morte en Faro de Vigo. La Cueva de Zaratustra .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público