Andreas Jäger, nado en 1660 e finado en 1730, foi un filólogo e relixioso sueco, considerado precursor da indoeuropeística.
Traxectoria Son escasas as informacións sobre a vida de Jäger, ata tal punto que mesmo a súa data de nacemento e defunción son aproximadas . Estudou probabelmente na Universidade de Uppsala; as súas ideas non acadaron éxito ningún na comunidade científica do seu tempo, tanto que volveu a Uppsala e converteuse en pastor.
Obra A Jäger atribúeselle o diálogo De lingua vetustissima Europae Scytho-Celtica et Gothica (xeralmente abreviado en De lingua vetustissima Europae), publicado en Wittenberg en 1686 e que contén a primeira formulación da existencia dun devanceiro común de gran parte das linguas históricas de Europa e da Asia centro-occidental. Para Jäger, grego, latín, linguas xermánicas, linguas célticas, linguas eslavas e persa eran o resultado da evolución dunha lingua extinta, parlada antigamente nos arredores do Cáucaso e á que lle deu o nome de "escitocéltico"Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 19-33.. Segundo Jäger, entre as varias linguas xeneticamente emparentadas que conservaban os caracteres de meirande arcaísmo, e polo tanto de maior proximidade coa lingua perdida común, estaban o persa, ao que chamaba "lingua escita"Os escitas falaban efectivamente unha lingua pertencente á mesma rama indoirania có persa..
A atribución a Jäger do De lingua vetustissima Europae é aceptada pola meirande parte dos lingüistas, se ben grazas aos argumentos de George J. Metcalf existe a hipótese de que o verdadeiro autor do diálogo non fose o que responde ás cuestións (Jäger, daquela un xove estudante), senón o que as facía: un profesor, polo tanto, ao que se quere identificar con Georg Caspar Kirchmaier.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Filoloxía Indoeuropeística Lingüística histórica
Ligazóns externas
Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en Suecia Categoría:Nados en 1660 Categoría:Finados en 1730 Categoría:Personalidades do cristianismo de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala