Arnold Schönberg ou Arnold SchoenbergDesde que emigrou aos Estados Unidos, en 1933, cambiou o seu apelido a Schoenberg., nado en Viena o 13 de setembro de 1874 e finado nos Ánxeles (California) o 13 de xullo de 1951, foi un compositor, teórico musical e pintor austríaco de orixe xudía.

É recoñecido como un dos primeiros compositores en adentrarse na composición atonal, e especialmente pola creación da técnica do dodecafonismo baseada en series de doce notas, abrindo a porta ao posterior desenvolvemento do serialismo da segunda metade do século XX. Ademais foi fundador da Segunda Escola de Viena.

Traxectoria

Arnold Schönberg foi fillo de Samuel Schönberg (1838-1889), un zapateiro natural de Hungría, e de Pauline Nachod (1848-1921), quen creceu en Praga. A súa carreira musical comezou precozmente: aos nove anos xa era violinista e compositor autodidacta. Tras a morte do seu pai, en 1889, viuse obrigado a cuidar do benestar da súa familia e comezou a traballar como aprendiz de empregado no banco Wiener Privatbank Werner & Co. Durante estes anos, só podía satisfacer a súa paixón pola música mirando de lonxe os concertos ao aire libre realizados en parques como o Augarten ou o Wiener Prater. Investía parte das súas ganancias en numerosas funcións de ópera e, de entre todas, prefería sempre as de Richard Wagner.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Noite transfigurada

Ligazóns externas

Schönberg ante la imagen pública

Categoría:Compositores de Austria Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Pintores de Austria Categoría:Expresionismo Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Segunda Escola de Viena Categoría:Compositores de ópera