A lura de Humboldt, pota ou potón do Pacífico (Dosidicus gigas) é un molusco cefalópodo de gran tamaño e abundante nas costas peruanas e mexicanas. Nestes países practícase a pesca industrial deste recurso e actualmente gañou importancia grazas a unha forte demanda internacional. Descargado o 10 de marzo de 2018.

É un invertebrado de crecemento rápido cun sistema nervioso complexo e un sistema visual ben desenvolvido. O corpo da lura ten dúas rexións. A cabeza, que está unida aos brazos (feito do cal deriva o termo cefalópodo) e o manto, que ten unha forma cilíndrica e o cal envolve os órganos internos.

É un organismo peláxico que se distribúe no océano Pacífico oriental dende a fronteira de México e os Estados Unidos até Chile. En México, a lura de Humboldt representa o 95 % do total das especies de lura.

Notas

Categoría:Cefalópodos Categoría:Animais descritos en 1835