A KBO League (hangul: KBO 리그) é o campionato de liga de béisbol profesional de Corea do Sur. O torneo naceu no ano 1982 con 6 equipos coa misión de profesionalizar este deporte no país. Na actualidade son dez os equipos que compiten cada ano neste torneo. Cada equipo está ligado a unha empresa industrial, de xeito que algúns deles levan no seu nome a marca comercial desa empresa, por exemplo: LG Twins, Kia Tigers, Samsung Lions, e outros. A KBO está considerada a segunda liga de béisbol máis importante de Asia e unha das máis importantes do mundo, so por detrás da MLB norteamericana e da NPB xaponesa. Analistas e especialistas en béisbol consideran a esta competición a un nivel intermedio entre o AA e o AAA das Ligas Menores estadounidenses.
Formato A liga está composta por 8 equipos que xogan nunha mesma división. Non existen ascensos nin descensos de categoría, é unha liga pechada. Ao longo da tempada regular cada equipo xoga 133 encontros, 19 fronte a cada un dos demais equipos. Ao remate da tempada regular, se disputan uns Play Offs para determinar o campión. En primeiro lugar disputan unha eliminatoria o 3º da clasificación fronte ó 4º. O gañador desta primeira eliminatoria xoga deseguido outra eliminatoria fronte ó 2º da clasificación. Cada unha destas eliminatorias é ó mellor de 3 encontros. O gañador desta última eliminatoria compite fronte ó 1º da clasificación nas Series de Corea ó mellor de 7 encontros polo título de campión nacional.
Equipos Equipo Cidade Estadio Fundación Ingreso 40px|center Doosan Bears Seúl Jamsil Yagujang25.553 espectadores 1982 Hanwha Eagles Daejeon Daejeon Hanwha Life Eagles Park13.000 espectadores 1985 1986 40px|center Kia Tigers Gwangju Gwangju-KIA Champions Field22.244 espectadores 1982 40px|center Kiwoom Heroes Seúl Gocheok Sky Dome16.813 espectadores 2008 40px|center KT Wiz Suwon Suwon kt wiz Park20.122 espectadores 2013 2015 40px|center LG Twins Seúl Jamsil Yagujang25.553 espectadores 1982 40px|center Lotte Giants Busan Sajik Yagujang26.800 espectadores 1975 1982 40px|center NC Dinos Changwon Changwon NC Park22.112 espectadores 2011 2013 40px|center Samsung Lions Daegu Daegu Samsung Lions Park24.000 espectadores 1982 40px|center SSG Landers Incheon Incheon SK Happy Dream Park27.500 espectadores 2000
Equipos desaparecidos Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación Desaparición Hyundai Unicorns Suwon Suwon Yagujang 22.067 1982 2008 Ssangbangwool Raiders Jeonju Jeonju Yagujang 10.000 1991 1999
Mapa
Campións O equipo mais dominador da liga coreana de béisbol é o Kia Tigers, que ten gañado o campionato 10 veces, a última en 2009; por diante do Samsung Lions, so 4 veces campión, pero que é o equipo con máis finais disputadas, 13, a última en 2010. Equipo Campión Subcampión Temporadas campións Temporadas subcampiónsKIA Tigers 12 0 1983, 1986, 1987, 1988, 1989, 1991, 1993, 1996, 1997, 2009, 2017, 2024 −Samsung Lions 8 11 1985, 2002, 2005, 2006, 2011, 2012, 2013, 2014 1982, 1984, 1986, 1987, 1990, 1993, 2001, 2004, 2010, 2015, 2024Doosan Bears 6 9 1982, 1995, 2001, 2015, 2016, 2019 2000, 2005, 2007, 2008, 2013, 2017, 2018, 2020, 2021SSG Landers 5 4 2007, 2008, 2010, 2018, 2022 2003, 2009, 2011, 2012LG Twins 4 4 1990, 1994, 2023, 2025 1983, 1997, 1998, 2002Lotte Giants 2 3 1984, 1992 1985, 1995, 1999Hanwha Eagles 1 6 1999 1988, 1989, 1991, 1992, 2006, 2025NC Dinos 1 1 2020 2016KT Wiz 1 1 2021 2023Kiwoom Heroes 0 3 − 2014, 2019, 2022
Notas
Véxase tamén Outros artigos Major League Baseball Nippon Professional Baseball Chinese Professional Baseball League
Ligazóns externas baseballguru.com Web da KBO (en coreano)
Categoría:KBO League