Pastora Vega Aparicio, nada en Madrid o 28 de maio de 1960, é unha actriz española.

Biografía Bisneta da bailaora Pastora Imperio e do toureiro Rafael Vega dos Reyes "Gitanillo de Triana", é licenciada en Dereito.

Os seus comezos no mundo do espectáculo foron da man de Ignacio Salas e Guillermo Summers, colaborando na presentación do programa de televisión Y sin embargo, te quiero.

Debuta como actriz en 1985 na serie de televisión Los pazos de Ulloa, que dirixe Gonzalo Suárez e protagonizan Vitoria Abril e Charo López.

Posteriormente intervén en Amanece, que no es poco, Demasiado corazón -pola que é candidata ao Premio Goya- e Ilona llega con la lluvia, entre outras. A súa carreira televisiva resulta máis frutífera.

Vida persoal Estivo unida sentimentalmente ao actor Imanol Arias, co que traballou nas películas El Lute II: mañana seré libre e Todos los hombres sois iguales, ademais de protagonizar Un asunto privado, a súa única incursión na dirección. Tamén tivo un papel esporádico na serie de TVE Cuéntame cómo pasó. Teñen dous fillos e conviviron ata 2009. Únese posteriormente ao tamén actor Juan Ribó.

Filmografía Ano Película Director 2002 El chevrolé Leonardo Ricagni 1998 La sonámbula Fernando Spiner 1998 Un crisantemo estalla en cinco esquinas Daniel Burman 1997 Tangier Cop Stephen Whittaker 1996 Ilona llega con la lluvia Sergio Cabrera 1996 Un asunto privado Imanol Arias 1996 Olé Olá José María Aguayo 1994 Casas de fuego Juan Bautista Stagnaro 1994 Todos los hombres sois iguales Manuel Gómez Pereira 1992 Demasiado corazón Eduardo Campoy 1990 La otra historia de Rosendo Juárez Gerardo Vera 1989 Amanece, que no es poco José Luis Cuerda 1988 El Lute II: mañana seré libre Vicente Aranda 1986 El sueño de Tánger Ricardo Franco 1986 Iniciativa privada Antonio A. Farré

Televisión Gran Reserva. El origen (2013-) Bandolera (2011) UCO (2009) Amar en tiempos revueltos (2006) Madrid no duerme: ¡De cine! (2004-2005) Cuéntame cómo pasó (2002) Dime que me quieres (2001) Nada es para siempre (1999-2000) Rosa, la lluita (1996) Hermanos de leche (1994) Brigada Central (1989-1990) Delirios de amor (1989) La tarde (1986) Los pazos de Ulloa (1985) Y sin embargo, te quiero (1983-1984)

Teatro Una relación pornográfica (2010) Así que pasen cinco años (1989)

Candidaturas Candidata ao Premio Goya en 1992 como Mellor interpretación feminina secundaria por Demasiado corazón.

Ligazóns externas Entrevista a Pastora en novarevista.com

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1960 Categoría:Españois de ascendencia xitana