María Belén Landaburu González, nada en Burgos o 20 de marzo de 1934, é unha diplomática e política española da época franquista.

Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade de Madrid e rapidamente pasou a integrarse nas estruturas sociais e políticas que o franquismo dispuña para as mulleres. Así, foi presidenta da Cruz Vermella en España, directora xeral de Asistencia Social, secretaria xeral da Federación de Amas de Casa e membro do Consello Nacional do Movemento en representación da Sección Feminina.

En 1971 foi designada procuradora nas Cortes Españolas polo terzo familiar e a circunscrición de Burgos, onde traballou no relatorio da Lei de Reforma Política. Dous anos máis tarde incorporouse á delegación española na Asemblea Xeral da ONU. Nese posto permanece ata 1976, e en 1977 é nomeada senadora polo rei Xoán Carlos I, onde se integra no Grupo Mixto. Dende alí contribúe a garantir a igualdade xurídica na Constitución entre o home e a mullerMadres de la Constitución , blog de Montserrat Boix, 6/12/2008.. A partir de 1977, logo das eleccións xerais, abandona a política e dedícase á súa actividade profesional como avogada.

Galardóns Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia Banda da Orde Civil do Mérito da Cruz Vermella Española e da Cruz Vermella Mexicana. Encomenda con Placa da Orde de Cisneros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Las Constituyentes (documental), dirixido por Áurea Martínez Fresno.

Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Burgos