O 28 de marzo é o 87º día do ano do calendario gregoriano e o 88º nos anos bisestos. Quedan 278 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1776 - Juan Bautista de Anza funda o lugar de Presidio de San Francisco. 1809 - Reconquista de Vigo, no marco da Guerra da Independencia española. 1939 - O xeneral Francisco Franco conquista Madrid. Catro días despois remata a Guerra civil española. 1952 - Finaliza o racionamento do aceite e a carne en España. 1964 - Alasca (Estados Unidos de América): Un tremor e posterior tsunami matan a 125 persoas e causan uns 311 millóns de dólares en danos materiais. O tremor, que mediu 9,2, sentiuse nunha ampla área de Alasca e partes occidentais do territorio do Yukón e a Columbia Británica, no Canadá. 1979 - Accidente nuclear en Three Mile Island (a Illa das Tres Millas) en Pensilvania (Estados Unidos).

Nacementos miniatura|100px|Fra Bartolommeo. 1472 - Fra Bartolommeo, pintor florentino do renacemento. 1515 - Santa Tareixa de Xesús, mística, escritora e doutora da Igrexa, en Ávila, España. (m. 1582) 1731 - Ramón de la Cruz, escritor e comediógrafo español. 1750 - Francisco de Miranda, militar venezolano. 1810 - Alexandre Herculano, narrador, historiador e político portugués. 1840 - Emin Paxá, explorador alemán. 1851 - Bernardino Luís Machado Guimarães, político portugués, presidente da República (1915-1917 e 1925-1926). 1860 - José Moreno Carbonero, pintor español. 1862 - Aristide Briand, político francés. 1872 - José Sanjurjo Sacanell, militar español. 1883 - Mario Rivarola, xurista arxentino 1884 - Ignacio Barraquer, oftalmólogo español. 1892 - Corneille Heymans, médico e farmacólogo belga, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1938. 1895 - Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora, precursora do libro electrónico 1910 - Ingrid, raíña nai de Dinamarca. 1911 - John Langshaw Austin, filósofo británico. 1912 - Manuel Ramos Escariz, sindicalista e militar galego (m. 1937). 1914 - Bohumil Hrabal, escritor checo. 1921 - Dirk Bogarde, actor británico (m. 1999). 1924 - Inokenti Mijailovich Smoktunovski, actor e escenógrafo soviético 1926 - José Javier Etayo Miqueo, matemático español, mestre e académico. 1926 - Cayetana Fitz-James Stuart, duquesa de Alba. 1933 - Tete Montoliu, pianista e compositor de jazz catalán (m. 1997). 1934 - Johnny Burnette, músico 1936 - Mario Vargas Llosa, novelista, articulista e ensaísta político peruano. 1936 - Amancio Ortega, empresario galego. 1936 - Lee Perry, músico. 1941 - Charlie McCoy, músico. 1942 - Neil Kinnock, comisario europeo de Transporte 1942 - Luis Felipe Areta,"Pipe", atleta español 1946 - Alejandro Toledo Manrique, Presidente do Perú. 1946 - Francisco Tomey, presidente da Deputación Provincial de Guadalaxara. 1948 - Dianne Wiest, actriz estadounidense. 1948 - José María Rodríguez Colorado, ex director xeral da Policía. 1953 - Fernando Salgado García, xornalista e político galego. 1955 - Julio Llamazares, poeta e novelista español. 1955 - Reba Turner, músico. 1960 - José Antonio Alonso Suárez, político e maxistrado español, ministro de Seguridade. 1968 - Carlos A. Soto, músico. 1970 - Xerardo Quintiá, escritor galego. 1975 - Iván Helguera, futbolista español. 1976 - Jennifer Capriati, xogadora de tenis estadounidense. 1986 - Lady Gaga, cantante estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Virginia Woolf. 1881 - Modest Petrovich Mussorgski, compositor ruso. 1898 - Ángel López, "Regatero", toureiro español. 1917 - Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico, agrarista e xornalista galego. 1940 - José María Salaverría, escritor español. 1941 - Virginia Woolf, novelista inglesa. 1942 - Miguel Hernández, poeta español. 1943 - Serguéi Rakhmáninov, compositor, pianista e director de orquestra ruso. 1966 - Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego (n. 1878). 1969 - Dwight D. Eisenhower, 34º presidente dos Estados Unidos de América. 1974 - Arthur Crudup, músico. 1977 - Waldo de los Ríos, compositor arxentino. 1982 - William Francis Giauque, químico estadounidense (n. 1895). 1985 - Marc Chagall, pintor francés; segundo outras fontes era xudeu de orixe rusa. 1993 - Carlos Giménez, dramaturgo venezolano, nado na Arxentina. 1994 - Eugène Ionesco, dramaturgo francés de orixe romana. 1996 - Hans Blumenger, filósofo alemán. 2004 - Peter Ustinov, actor británico. 2005 - Joaquín Luqui, locutor musical español. 2005 - Melihate Ajeti, actriz kosovar (n. 1935).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santa Esperanza (Abadesa); Sisto III (Papa); Gontrán (Rei); Proco, Malco, Alexandre, Prisco, Cástor, Teodora, Doroteo, Xoán Capristano, Rogato e Suceso (Mártires); Gundelinda ou Güendolina (Abadesa); Xoana María (Beata).

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo