Liska! é un grupo de ska-punk-reggae en activo fundado en Vigo a finais do 2010.

Traxectoria Liska! comezou a ensaiar en outubro de 2010. Neses primeiros momentos sumáronse músicos ata conformar a primeira formación: Luís (guitarra e voz), Juan "Chanquete" (batería), Brais Jorge (guitarra e voz), Álex (saxofón), Martín (teclado e órgano Hammond), Soto (baixo), Iago (trompeta) e Fabio (trompeta).

Debutaron o 6 de agosto de 2011 en Vigo con motivo dos Castroconcertos xunto a Ovos Podres. Tempo despois incorporouse ó grupo Paulo, na voz e nas letras. Fixeron algúns concertos iniciais na zona de Vigo.

O 2012 houbo unha ampla renovación dos membros da banda, con xente que marchou e xente que entrou, entre eles unha forte sección de ventos e unha sección rítmica.

Entre as súas influencias están grupos clásicos do two-tone e ska-reggae como Madness, The Specials, The Skatalites, Bad Manners, Mr Review, The Selecter ou Toot and The Maytals; grupos do Rock radical vasco como Kortatu, La Polla ou Eskorbuto, e outros grupos máis actuais como Skarnio, Skalariak, Xenreira, Dakidarría, Transilvanians, Skacha, Banda Bassotti, Talco, Salida Nula, Reel Big Fish, Obrint Pas ou Diplomáticos de Monte-Alto.

Membros Paulo, voz. Pendi, batería. Jana, teclado e hammond e voces. Diego Falque, baixo. Manolo, guitarra. Álex, saxo tenor. Alba, saxo alto e coros. Paula, trombón e coros. Sotelino, trompeta.

Discografía Sonhos da raiva (2013) República 1.0 (2017) República 2.0 (2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Música en Galego

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Grupos musicais de ska punk Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Vigo sen imaxes

Categoría:Música de Galicia sen imaxes