Ramón Remigio Nieto Otero, nado en Lavadores, no actual concello de Vigo, o 1 de outubro de 1856 e finado en Viña del Mar, Chile, o 25 de xullo de 1928,"Fallece en Chile Ramón Nieto" Faro de Vigo . foi un empresario da salitre e filántropo galego.

Traxectoria O 1 de xaneiro de 1900 Ramón Nieto creou a primeira escola no barrio de Barreiro, un centro que durante máis dunha década acubillou máis de sesenta rapaces. O primeiro director das Escolas foi Severino Cobas.

Doou cartos e terreos familiares, coa idea de que os rapaces aprendesen a ler e escribir e tamén a aprender un oficio de cara a unha educación politécnica cun proxecto pedagóxico. Arredor de 1917 inauguráronse as Escolas Nieto, na zona da Granxa, na avenida que na actualidade leva o seu nome. Coa presenza do propio Ramón Nieto e os membros do padroado elixidos para dirixir a escola, levouse a cabo un acto que contou coa presenza de pais, alumnos e autoridades locais.

Recoñecementos O 16 de maio de 1914, a corporación do Concello de Lavadores decidiu nomealo fillo predilecto de Lavadores, ordenando que cando os recursos do Concello o permitisen se adquirise o seu retrato e se colocase no salón da casa consistorial. En 1926 Honorato Fernández Míguez, en nome da corporación municipal, pediulle ao Consello de Ministros que se lle concedese a Ramón Nieto Otero a Gran Cruz coma propulsor da cultura.

No ano 1944 o concello de Vigo dedicoulle a principal estrada do barrio de Lavadores.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Enciclopedia da emigración galega arquitecturavigo.blogspot.com .

Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Galegos de Chile