Jack Lawrence, nado en Covington (Kentucky) o 18 de decembro de 1976, é un músico estadounidense.

Traxectoria Lawrence toca o baixo en The Raconteurs, The Greenhornes e The Dead Weather, ademais da autoharpa e o banjo en Blanche. Tamén foi convidado para gravar o tema para a película de James Bond de 2008 Quantum of Solace, titulada "Another Way To Die", onde tocou o baixo e a guitarra barítona. O 22 de maio do 2009, Lawrence casou coa fotógrafa Jo McCaughey na casa de Jack White en Nashville nunha dobre cerimonia, onde tamén casou Meg White. Recentemente Lawrence contribuíu na banda sonora da película de Spike Jonze Onde viven os monstros. Non aparece acreditado pero tamén é un dos membros da banda de Karen O, Karen O and the Kids, coa que gravou o seu álbum.

Discografía 1999 The Greenhornes Gun For You 2001 The Greenhornes The Greenhornes 2002 The Greenhornes Dual Mono 2004 Loretta Lynn Van Lear Rose 2004 Blanche America's Newest Hitmakers 2005 The Greenhornes East Grand Blues EP 2005 The Greenhornes Sewed Soles 2006 The Raconteurs Broken Boy Soldiers 2008 The Raconteurs Consolers of the Lonely 2009 The Dead Weather Horehound 2009 Karen O & The Kids Onde viven os monstros banda sonora 2010 The Dead Weather Sea of Cowards 2010 The Greenhornes ★★★★

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Kentucky