The Simpsons é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.

A familia foi concibida por Groening pouco antes de se converter nunha serie de curtametraxes animadas xunto co produtor James L. Brooks. Groening creou unha familia disfuncional e chamou aos personaxes cos nomes de membros da súa propia familia, substituíndo o seu propio nome polo de Bart. As curtas convertéronse en parte de The Tracey Ullman Show o 19 de abril de 1987. Tras unha serie de 48 curtas repartidas en 3 temporadas decidiuse desenvolver con elas un programa de media hora en horario de máxima audiencia. Así a serie converteuse nun éxito para a canle Fox, chegando a ser a primeira serie da Fox que se situaba entre as 30 con maior número de audiencia nunha temporada (1989-1990).

Desde o seu debut, o 17 de decembro de 1989, a serie posúe 491 episodios repartidos en 23 temporadas. The Simpsons Movie, a película baseada na serie, foi estreada nos cines de todo o mundo o 6 e 7 de xullo de 2007, e recadou 527 millóns de dólares en todo o mundo.

The Simpsons ten gañado ducias de premios desde que a serie se puxo en antena. Entre eles destacan 24 premios Emmy, 26 premios Annie e un premio Peabody. No número do día 31 de decembro de 1999 da revista Time dicíase que era a mellor serie de televisión do século XX e o 4 de xaneiro do ano seguinte a familia Simpson foi premiada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. The Simpsons é a comedia de situación americana e programa de animación que leva máis anos en antena, e desde o 2008 é, xunto con Gunsmoke, a serie de entretemento americana que máis tempo se leva emitindo en horario de máxima audiencia. O gruñido de anoxo de Homer "D'oh!" foi adoptado no léxico inglés, se ben The Simpsons ten influenciado a moitas comedias de situación animadas orientadas a un público adulto.

En España, comezouse a emitir no mes de abril de 1993 por TVE 2, mais por falta de audiencia foi retirada de emisión. Axiña, Antena 3 mercou os dereitos desta serie, e na emisión nesta canle alcanzou un enorme éxito. Tanto é así que aínda a día de hoxe se seguen a repetir capítulos en horario de mediodía.

Orixes

dereita|miniatura|Matt Groening, o creador de The Simpsons. Groening ideou a historia de The Simpsons na recepción da oficina de James L. Brooks en 15 minutos. Brooks xa lle pedira a Groening que pensase na idea de realizar unha serie de curtas animadas, así que Groening pensou inicialmente en presentar a súa tira cómica Life in Hell. Non obstante, cando o caricaturista se deu conta de que animar Life in Hell requiriría a rescisión dos dereitos de publicación da obra da súa vida, buscou outro enfoque e creou a súa familia disfuncional. Así, despois de concibilos, deulles aos personaxes os nomes de membros da súa propia familia, substituíndo o seu nome polo de Bart.

A familia Simpson fixo a súa primeira aparición nunhas curtametraxes en The Tracey Ullman Show o 19 de abril de 1987Richmond, p. 14. Groening só enviou bosquexos básicos aos animadores e asumiu que os corrixirían durante a produción. Porén, os animadores soamente copiaron os seus debuxos, dando como resultado a aparencia ruda que estes teñen nos primeiros episodios curtos. A primeira curta, de apenas dous minutos, titulouse "Good Night". A partir de aí emitíronse un total de corenta e oito curtas animadas ata que a familia pasou a ter a súa propia serie independente.

En 1989, un equipo da produción da compañía adaptou The Simpsons a unha serie de media hora de duración para a Fox Broadcasting Company. O equipo incluía o que hoxe é a casa de animación Klasky Csupo. Jim Brooks negociou unha cláusula no contrato coa Fox para que esta non puidese interferir no contido do programa. Groening afirmou que o seu obxectivo ao crear o programa era ofrecer á audiencia unha alternativa ao que el chamaba "lixo principal" que estaban vendo na televisión. Deste modo, a serie de trinta minutos emitiu o 17 de decembro de 1989 o seu primeiro episodio, titulado "Simpsons Roasting on an Open Fire", o cal se trataba dun especial de Nadal"Simpsons Roasting on an Open Fire" The Simpsons.com. Comprobado o 5 de febreiro de 2007. "Some Enchanted Evening" foi o primeiro episodio en producirse, pero non se emitiu ata maio de 1990 debido a problemas coa animación.

Ao primeiro, a cadea FOX tivo serias dúbidas sobre se a serie sería vista en horario de máxima audiencia, algo que non pasaba desde Os Picapedra, polo que os directivos decidiron emitir só catro episodios da primeira temporada. Porén, o produtor James L. Brooks convenceu á canle para que emitisen os trece episodios que a constituían. Con todo, axiña a serie The Simpsons se converteu nun éxito de audiencia. The Simpsons se converteu na primeira serie de televisión da Fox que se meteu entre os 30 programas máis vistos durante unha temporada. O éxito do programa fixo que a Fox expandise a emisión a unha nova noite (a dos xoves) para facerlle a competencia a The Cosby Show, pero non fixo máis que danar a audiencia de The Simpsons. En 1992, Tracey Ullman demandou á Fox argumentando que o seu programa fora a orixe do éxito da serie. O xuíz dixo que debería recibir unha parte dos beneficios de The Simpsons, petición rexeitada polo tribunal.

O programa tivo controversias desde o seu inicio. O personaxe rebelde por excelencia daquela, Bart, non adoitaba recibir castigo algún polo seu mal comportamento, o que fixo que algúns pais e conservadoristas o caracterizaran como un modelo nefasto a seguir polos cativosTurner, p. 131. Ao mesmo tempo, o entón presidente George H. W. Bush dixo: «Imos lograr que as familias americanas sexan máis coma os Walton e menos coma os Simpson». Varias escolas públicas estadounidenses incluso prohibiron o uso de mercancías e camisetas, tales como unha na que aparecía Bart xunto ao texto "Underachiever ('And proud of it, man!')" ("Parvo (e orgulloso de selo, ho!)"). Malia a prohibición, as mercancías de The Simpsons vendéronse ben e xeraron 2 mil millóns de dólares durante os primeiros 14 meses de vendas.

Produción Produtores executivos Lista dos produtores do programa desde o inicio da serie: Temporadas da 1 á 2: Matt Groening, James L. Brooks e Sam Simon Temporadas da 3 á 4: Al Jean e Mike Reiss Temporadas da 5 á 6: David Mirkin Temporadas da 7 á 8: Bill Oakley e Josh Weinstein Temporadas da 9 á 12: Mike Scully Temporadas da 13 ao presente: Al Jean Matt Groening e James L. Brooks foron os produtores executivos ao longo da historia do programa, facendo tamén a función de consultores creativos. Sam Simon, quen foi o supervisor creativo das primeiras catro temporadas, segue a recibir beneficios de produtor executivo malia non traballar na serie desde 1993. Existe unha posición máis influente na serie, a de show runner, quen actúa como xefe de guionistas e xestiona a produción do programa durante unha temporada completa.

Guionistas

esquerda|200px|miniatura|Al Jean (á esquerda) é o actual produtor executivo e David Mirkin (á dereita) foi un dos primeiros produtores executivos e forma parte do equipo de guionistas desde 1994. O equipo de guionistas de The Simpsons está formado por un grupo de dezaseis persoas que propoñen ideas para facer novos episodios cada principios de decembro. O principal guionista de cada episodio escribe o primeiro borrador. As sesións de grupo reescriben e desenvolven os guións finais engadindo ou eliminando chistes, inserindo novas escenas e pedíndolles aos dobradores que lean algunhas liñas do guión. O líder destas sesións é George Meyer, quen desenvolve o programa desde a primeira temporada. Segundo Jon Vitti, un dos guionistas que levan máis tempo na serie, Meyer frecuentemente inventa as mellores liñas dun episodio xa escrito, aínda que outros guionistas poidan recibir os créditos da escritura. A produción de cada episodio leva seis meses, polo que o programa rara vez comenta sobre eventos recentes. Non obstante, ás veces os episodios mencionan eventos previstos, tales como as Olimpíadas ou a Super Bowl. dereita|300px|miniatura|Parte do equipo de guionistas de The Simpsons en 1992. Atrás, de esquerda a dereita: Mike Mendel, Colin ABV Lewis (parcialmente), Jeff Goldstein, Al Jean (parcialmente), Conan O'Brien, Bill Oakley, Josh Weinstein, Mike Reiss, Ken Tsumara, George Meyer, John Swartzwelder, Jon Vitti (parcialmente), CJ Gibson e David M. Stern. Adiante, de esquerda a dereita: Dee Capelli, Lona Williams e (descoñecido). Con sesenta episodios ás súas costas, John Swartzwelder é o guionista máis prolífero dos membros de The SimpsonsTurner, p. 21. Un dos compoñentes máis coñecidos deste equipo é Conan O'Brien, quen contribuíu en varios episodios a principios dos anos 90 antes de substituír a David Letterman como presentador do programa de entrevistas Late Night. O cómico inglés Ricky Gervais escribiu o episodio "Homer Simpson, This Is Your Wife", converténdose así na primeira celebridade en escribir e pór a voz nun episodio.

A finais do ano 2007 os guionistas de The Simpsons foron á folga xunto ao sindicato Writers Guild of America, East, do que forman parte desde 1998.

Actores de dobraxe Os membros principais do elenco de The Simpsons son seis. Dan Castellaneta interpreta a Homer Simpson, Abraham Simpson, Krusty o pallaso, Barney Gumble e outros personaxes homes adultosRichmond, pp. 178–179. Julie Kavner fai as voces de Marge Simpson e Patty e Selma Bouvier, así como varios personaxes menores. Nancy Cartwright interpreta as voces de Bart Simpson, Ralph Wiggum e outros cativos. Yeardley Smith, a de Lisa Simpson, sendo o único membro do elenco que só lle pon a súa voz a un personaxe, aínda que ocasionalmente ela tamén o fai con personaxes episódicos. Hai dous actores que non interpretan a ningún dos membros da familia pero si que o fan coa meirande parte dos cidadáns; Hank Azaria, quen forma parte dos actores de voz de The Simpsons desde a segunda temporada, presta a súa voz a personaxes asiduos como Moe, o xefe Wiggum e Apu, e Harry Shearer proporciona voces para o Sr. Burns, Smithers, o director Skinner, Ned Flanders, o Reverendo Lovejoy e o Dr. Hibbert. Coa única excepción de Harry Shearer, todos os membros principais do elenco gañaron un Emmy na categoría "Outstanding Voice-Over Performance" ("Mellor interpretación de actor de voz").

dereita|150px|miniatura|Hank Azaria forma parte das voces regulares de The Simpsons desde a segunda temporada.

Cunha soa excepción, os créditos dos episodios só mostran os actores de voz e non os personaxes aos que lles poñen voz. A Fox e mais os membros de produción quixeron manter as súas identidades en segredo durante as primeiras temporadas e, por esa razón, as sesións de gravación facíanse a porta pechada e non se podían sacar fotos durante o seu transcurso. Porén, a cadea revelou eventualmente que papeis interpreta cada actor no episodio "Old Money", porque os produtores decidiron que os dobradores deberían recibir recoñecemento polo seu labor. En 2003, o elenco apareceu nun episodio de Inside the Actors Studio, facendo interpretacións en directo das voces dos seus personaxes.

esquerda|miniatura|200px|Dan Castellaneta fai as voces de Homer e moitos outros personaxes habituais; ademais, gañou tres premios Emmy.