Miguel de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 30 de abril de 2002, é o terceiro fillo da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz.

Sete semanas logo do seu nacemento na Clínica Teknon de Barcelona, o novo membro da Familia real española foi bautizado o 23 de xuño de 2002 no Palacio da Zarzuela. O cardeal Antonio María Rouco Varela presidiu a cerimonia. Os padriños foron o entón príncipe Filipe e Lucía Urdangarin.Bautizo en Zarzuela do quinto neto dos reis

Miguel é o noveno na liña de sucesión ao trono de España, por detrás das súas curmás Lionor e Sofía de Borbón, a súa tía Elena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica, a súa nai Cristina de Borbón e os seus irmáns máis vellos Juan e Pablo, e por diante da súa irmá máis nova Irene.Cinco Días: Así é a liña de sucesión da monarquía española Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.

Ascendencia

Notas

Véxase tamén Familia real española

Categoría:Familia real española Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Barcelona