"Time Is Running Out" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Muse, editado como primeiro sinxelo do seu álbum Absolution o 8 de setembro do 2003. Este foi todo un éxito nas radios alternativas estadounidense, acadando o número 9 da lista Modern Rock Tracks e facendo que a banda se fixese coñecida nese país. Foi tamén o primeiro top 10 de Muse no Reino Unido, chegando ao número 8.

Listaxe de cancións 7" británico, CD británico, francés e xaponés "Time Is Running Out" - 3:56 "The Groove" - 2:38 "Stockholm Syndrome" (vídeo) - 4:59 (só no CD)

DVD británico "Time Is Running Out" - 3:56 "Time Is Running Out" (vídeo) - 3:58 "Time Is Running Out" (o "como se fixo" do vídeo) - 2:00

Categoría:Sinxelos de 2003 Categoría:Cancións de Muse