Aaron Ciechanover (en ), nado o 1 de outubro de 1947 en Haifa (Israel), é un biólogo israelí galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2004.
Traxectoria Naceu nunha familia polaca xudía que fuxiu do seu país logo da segunda guerra mundial. Estudou Medicina na Universidade Hebrea de Xerusalén, onde se licenciou en 1974, e posteriormente realizou o doutoramento en Bioloxía no Instituto Tecnolóxico Israelí (Technion) en 1982. Actualmente é docente no departamento de Bioquímica e dirixe o Instituto Rappaport de Investigación en medicina no Technion.
Investigacións científicas Interesado na degradación das proteínas, xunto a Avram Hershko no seu Laboratorio de investigación no Technion observou como esta degradación era regulada pola ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento en 2004 foi galardoado, xunto con Avram Hershko e Irwin Rose, co Premio Nobel de Química.
En 2000 recibiu o premio Lasker á investigación básica en medicina.
Publicacións
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2004 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2004 Perfil de Aaron Ciechanover en NNDB
esquerda|220px|miniatura|De esquerda á dereita: Irwin Rose, Avram Hershko e Aaron Ciechanover na cidade de Estocolmo en 2004 con motivo da entrega dos Premios Nobel.
Categoría:Químicos de Israel Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Haifa Categoría:Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén Categoría:Alumnos do Technion - Instituto Tecnolóxico de Israel Categoría:Premios Nobel de Israel